O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Importes definitivos das axudas municipais para material escolar, informático e medidas de conciliación

Importes definitivos das axudas municipais para material escolar, informático e medidas de conciliación

Novas

29-11-2021
29 Nov
  • O Concello aproba un gasto de 2.100 euros para cubrir as achegas concedidas e xustificadas //

Logo de que as familias beneficiarias presentasen os xustificantes de gasto, o Concello do Pino publica a lista definitiva das axudas concedidas para compra de material escolar, informático e medidas de conciliación. As achegas, que superan os 2.100 euros, inclúense no POS+ adicional 1/2021 do Plan único de concello para gastos sociais extraordinarios.

A relación de alumnado beneficiado e o importe final das axudas pode consultarse no documento adxunto.

Icon

Importes definitivos de axudas para compra de material escolar logo de xustificar o gasto

1 file(s) 552.06 KB
Download

 

O Concello do Pino publica a lista definitiva de familias beneficiarias das axudas do municipio destinadas a compra de material escolar e informático e medidas de conciliación. Estas axudas, que ascenden a un total de 2.500 euros, forman parte do POS+ adicional 1/2021 do Plan único de concello para gastos sociais extraordinarios.

Das catorce solicitudes que optaron á convocatoria, e logo de que non se presentara ningunha alegación á listaxe provisional, quedaron aprobadas dez axudas e denegadas outras catro.

O prazo para presentar os xustificantes remata o vindeiro luns 15 de novembro.  Ademais de incorporar o anexo III das bases, as persoas interesadas deberán facilitar o número de conta bancaria.

A relación de familias beneficiarias das axudas e o importe das mesmas pode consultarse no documento adxunto.

Icon

Lista definitiva das familias beneficiarias das axudas municipais para material escolar

1 file(s) 770.79 KB
Download

 

26 de outubro

A Xunta de Goberno Local do Concello de O Pino aprobou hoxe o listado provisional de axudas as familias do municipio destinadas a compra de material escolar e informático e medidas de conciliación. Estas axudas forman parte do POS+ adicional 1/2021 do Plan único de concello para gastos sociais extraordinarios

Das 14 solicitudes presentadas, e segundo recollen as bases da convocatoria, hoxe foron aprobadas provisionalmente a concesión de dez axudas, e denegadas outras catro.

A certificación do acordo e a relación de axudas concedidas e denegadas pódese consultar no documento adxunto.

O prazo de presentación de alegacións contra estes acordo comeza mañá e remata o vindeiro 10 de novembro.

O prazo de xustificación para poder cobrar estas axudas remata o 15 de novembro. Ademais de presentar o anexo III das bases, as persoas interesadas deberán facilitar o número de conta bancaria.

Icon

Acordo de concesión de axudas e listado provisional de persoas beneficiadas e solicitudes rexeitadas

1 file(s) 940.01 KB
Download

 

13 de setembro de 2021

Prazo de solicitude das axudas para familias (material escolar, informático e conciliación)

O Concello de O Pino destina este ano 35.000 euros para axudar as familias a soportar os gastos derivados do comezo do curso escolar. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o extracto das bases das axudas para gastos que faciliten a escolarización, a compra de material escolar, informático, e para respiro familiar e medidas de conciliación. As familias poden solicitalas nun prazo de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP; isto é, a partir do martes 14 de setembro e ata o luns 27 de setembro.

Estas axudas contemplan tres liñas de apoio ás familias. A primeira é para a compra de material informático para alumnado de Primaria, ESO ou Bacharelato, que teñen un importe total de 15.000 euros. Neste caso, a axuda para acada alumno será dun máximo de 300 euros e a contía límite para a unidade familiar será de 500 euros.

A liña 2 está dirixida a sufragar os gastos que faciliten a escolarización no segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, cun importe total doutros 15.000 euros. A contía da axuda sería dun máximo de 200 euros por alumno (ata un límite de 300 por unidade familiar).

A terceira liña de axudas vai dirixida a apoios económicos para respiro familiar e medidas de conciliación, e contan con 5.000 euros. O máximo de axuda para unha unidade familiar será de 300 euros.

As axudas están destinadas a escolares integrados nunha unidade familiar que se atope en condicións socioeconómicas menos vantaxosas. Nas liñas 1 e 2 considérase a unidade familiar os núcleos de convivencia formados por nais, pais ou titores de menores de 18 anos empadroados no Concello do Pino e que residan no domicilio familiar.

Na liña 2, considérase a unidade familiar a formada por pai e nai non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor, e os descendentes e ascendentes que figuren empadroados e residan no domicilio familiar.

No arquivo adxunto pódese consultar o extracto da convocatoria publicado hoxe no BOP, coas bases reguladoras de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do POS + Adicional 1/2021 do Plan Único de Concellos para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2021.

Icon

BOP: Extracto da convocatoria das bases de axudas do POS+ Adicional de Servizos Sociais

1 file(s) 102.50 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Máis de 300 persoas participaron na carreira e andaina 5 km pola igualdade en O Pino
Aberto o prazo de reserva de entradas para o concerto de Manoele de Felisa o sábado ás 19.30 horas »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés