O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino cubrirá o parque infantil da praza de Forcarei e mellorará o firme da estrada de Budiño

O Pino cubrirá o parque infantil da praza de Forcarei e mellorará o firme da estrada de Budiño

Novas

07-09-2019
7 Set

O parque infantil da praza de Forcarei contará cunha cuberta para que os nenos e nenas poidan xogar máis días

 

O pleno extraordinario celebrado onte no Pino aprobou por unanimidade dos tres grupos políticas as obras do plan adicional ao POS+, que inclúen a mellora da capa de rodadura da estrada de Budiño, que comunica a N-634 co límite de Oroso, e tamén instalar unha cuberta no parque infantil da praza de Forcarei, que está xunto a escola infantil A Galiña Azul de Arca. Ambas obras supoñen unha inversión de case 260.000 euros.

A instalación da cuberta no parque infantil de Forcarei vailles permitir a nenos e nenas poder xogar durante máis días nesta zona. A cuberta mellorará as condicións para que a cativada poida seguir gozando das instalacións tanto os días de moito sol como algúns dias de choiva. A inversión para acometer esta obra ascende a 89.661,21 euros.

A outra obra aprobada polo pleno consiste en mellorar a capa de rodadura da estrada que atravesa a parroquia de Budiño, dende a N-634 ata o límite co municipio de Oroso, o que mellorará a seguridade viaria e facilitará o desprazamento interno da veciñanza. A inversión para executar esta actuación ascende 168.620,83 euros.

Nesta estrada de Budiño vaise acometer tamén a ampliación do firme en 0,75 metros a cada lado, para que o ancho total pase 4,5 ata os 6 metros. Esta obra foi xa adxudicada á empresa Oviga, por un importe que ronda os 250.000 euros, polo que as actuacións neste viaria van superar os 400.000 euros.

Unha vez aprobado polo pleno o proxecto para mellorar a capa de rodadura desta estrada, o Concello remitirá o acordo a Deputación, para que sexa aprobado polo organismo provincial antes de que o Concello poida licitar a obra, o que se espera aconteza a finais deste ano ou principios do ano que ven.

Tweet
Share190
Share
Pin
190 Shares
« O Concello de O Pino organiza un Curso de Carretilla Elevadora o sábado 14 de setembro
O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo organiza una Ruta ambiental en O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego