O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino cubre as necesidades de conciliación nas vacacións escolares co programa Lecer Nadal

O Pino cubre as necesidades de conciliación nas vacacións escolares co programa Lecer Nadal

Novas

25-11-2021
25 Nov
  • Desenvolverase no pavillón municipal entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro //
  • Ábrese o prazo de solicitudes ata o 16 de decembro //

Nenos e nenas participantes no programa Concilia Semana Santa no Camiño de Santiago, que organizou o Concello de O Pino durante as vacacións de Semana Santa. Desenvolvéronse no polideportivo municipal de Arca.

O Concello do Pino organiza de cara ás vacacións de Nadal un programa de conciliación para escolares de entre 3 e 12 anos, que se desenvolverá entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro no pavillón municipal e os exteriores do colexio Camiño de Santiago en horario de 8.30 a 14.30 horas. En concreto, o servizo prestarase de luns a venres os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e 3, 4, 5, e 7 de xaneiro de 2022. O prezo polos 12 días de actividade é de 20 euros, ao que se lle aplicarán descontos por familia numerosa.

O programa Lecer Nadal 2021 conta cun total de 50 prazas. No caso de que haxa un número superior de solicitudes, valorarase a admisión atendendo aos seguintes: empadronamento no Pino, recomendación dos Servizos Sociais, familias monoparentais, escolarización no Concello, pais ou titores que traballen no termo municipal e menores que desfruten das vacacións no Pino.

As familias interesadas en participar no programa, deberán cubrir a ficha de inscrición dispoñible nas oficinas municipais (9.00 a 14.00 horas) ou neste enlace. Esta acompañarase da instancia (podes descarga aquí) á hora de presentala, ben de forma telemática na sede electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro municipal (9.00 a 14.00 horas). Non se aceptan as que se mandan por correo electrónico porque é preciso rexistralas. O prazo de presentación de solicitudes remata o xoves 16 de decembro.

O pagamento efectuarase unha vez que sexa publicada a lista de nenas e nenos admitidos.

As bases poden consultarse en arquivo adxunto e nesta ligazón. Tamén están dispoñibles o formulario de solicitude e a instancia de presentación para a súa descarga.

Icon

Bases do programa Lecer Nadal 2021

1 file(s) 1.40 MB
Download
Icon

Ficha de inscrición Lecer Nadal 2021

1 file(s) 1.30 MB
Download
Icon

Instancia presentación solicitude Lecer Nadal 2021

1 file(s) 50.16 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino esixe cambiar o trato e rachar coa violencia de xénero no vídeo do 25N
Lista provisional das subvencións municipais para asociacións e entidades sen ánimo de lucro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego