O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino convoca un ano máis o concurso de postais de Nadal para escolares do municipio

O Pino convoca un ano máis o concurso de postais de Nadal para escolares do municipio

Novas

17-11-2023
17 Nov
  • Repartirá premios en libros e material escolar aos mellores traballos en cinco categorías establecidas por idades ||
  • O prazo de presentación dos debuxos remata o luns 4 de decembro ||

O Concello do Pino convoca a vixésimo primeira edición do seu tradicional concurso de postais de Nadal, no que poderán participar todos os escolares do municipio que cursen educación infantil, primaria e secundaria. Teñen de prazo ata  o luns 4 de decembro para presentar as súas propostas.

O concurso de postais de Nadal, que ten como obxectivo fomentar as artes plásticas e difundir as tradicións do Pino, convida ao alumnado do municipio a facer unha composición centrada na celebración destas festas. Poderán utilizar calquera técnica cos únicos requisitos de que sexan orixinais e inéditos, teñen un tamaño máximo Din-A4 e leven a inscrición “O Pino. Bo Nadal e feliz 2024”.

Establécense un total de cinco categorías, divididas por idades: educación infantil,  centrarase conta cun total de cinco categorías: educación infantil,  1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria, 5º e 6º de primaria e educación secundaria.

Os traballos, que poden facerse tanto individualmente como en grupo, poderán presentarse ata o luns 4 de decembro. Para a presentación, cada alumno/a ou grupo fará figurar na súa postal un número que lle asignara o seu titor, así como o curso e a idade do/s participantes. Este debuxo gardarase nun sobre pechado que levará o mesmo número asignado e que se acompañará, nun segundo sobre, do formulario Anexo I debidamente cuberto. Finalmente, serán os propios centros escolares -CPI  Camiño de Santiago e Escola Unitaria de Gonzar- os que se encarguen de presentalos no Rexistro Xeral do Concello do Pino.

Os gañadores do concurso daranse a coñecer a partir do 11 de decembro e os premios, que se entregarán o día da cabalgata de Reis, consistirán en lotes de libros e material escolar.

As bases co formulario anexo que hai que cubrir para acompañar a postal presentada a concurso, así como a autorización para menores, poden consultarse nos documentos adxuntos.

Icon

20231117_bases_concurso_postais_de_Nadal

1 file(s) 57.18 KB
Download
Icon

20231117_Autorización_de_menores_concurso_postais_Nadal

1 file(s) 132.42 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino programa senllas sesións gratuítas para coñecer os beneficios do pilates e do ioga
Ábrese a inscrición das actividades culturais municipais para persoas adultas e menores »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés