Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino contará cun novo centro sociocultural en San Mamede de Ferreiros grazas a un convenio coa Xunta

Novas

04/08/2026
4 Ago

O Consello da Xunta autorizou este luns a sinatura dun convenio polo que o Goberno galego achegará 150.000 euros para financiar a construción do novo equipamento || O edificio ofrecerá un espazo polivalente para actividades culturais, sociais, formativas e comunitarias e contará tamén cun soportal cuberto para ampliar os seus usos ||

O Pino contará cun novo centro sociocultural en San Mamede de Ferreiros grazas ao convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia, autorizado este luns polo Consello da Xunta. A través deste acordo, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achegará 150.000 euros para financiar a construción dun novo equipamento destinado a actividades culturais, sociais, formativas e comunitarias.

O investimento total previsto ascende a 249.000 euros, polo que a achega da Xunta cubrirá preto do 60 % do custo da actuación. O novo edificio permitirá ampliar a oferta de espazos para a celebración de actividades abertas á veciñanza e reforzará os servizos destinados ao tecido asociativo do municipio.

O proxecto contempla un espazo interior polivalente e un soportal cuberto, unha solución que facilitará a organización de actividades tanto no interior como no exterior e mellorará a funcionalidade do recinto. A nova infraestrutura situarase nun ámbito xa vinculado tradicionalmente á celebración de encontros veciñais, contribuíndo á dinamización social e cultural da contorna.

A actuación responde tamén á importancia de San Mamede de Ferreiros como punto de paso do Camiño Francés, dotando este núcleo dun equipamento que poderá acoller actividades de promoción e de difusión do patrimonio local, ademais de iniciativas culturais e comunitarias.

Coa autorización do convenio por parte do Consello da Xunta dáse un novo paso para facer realidade esta actuación, que permitirá ao Concello do Pino contar cun espazo moderno, versátil e adaptado ás necesidades actuais da veciñanza e das asociacións locais.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino celebra por todo o alto os 25 anos da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar
O CPI Camiño de Santiago estreará unha profunda renovación coincidindo co seu 50 aniversario »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés