Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino cobre as necesidades de conciliación nas vacacións escolares con Lecer Semana Santa

Novas

12/04/2022
12 Abr

Preto de 30 nenos e nenas participan nas actividades lúdico-educativas que se realizan no pavillón municipal de Reboredo //

Participantes no campamento Lecer Semana Santa no pavillón municipal de Reboredo

Vinte e nove nenos e nenas gozan nestes días do campamento organizado polo Concello de O Pino para facilitar a conciliación nas xornadas de Semana Santa que son festivas para a cativada, pero non para as familias. Entre o luns 11 e o mércores 13, e tamén o próximo luns 18, practicarán deporte, realizarán actividades educativas e aprenderán contidos transversais no pavillón municipal de Reboredo, a carón do CPI Camiño de Santiago.

Monitorado da empresa SIF Servicios Integrales de Formación encárgase de levar a cabo o campamento Lecer Semana Santa, que está aberto entre as 8:30 e as 14:30 horas. As idades dos asistentes van dos tres aos doce anos, e as actividades propostas adáptanse aos seus intereses e capacidades. Así, despois da xornada de presentación do luns, están a realizar manualidades relacionadas con estas datas, como ovos de Pascua, e a participaren en actividades lúdicas como un animado karaoke. Tamén se traballa desde o xogo e a arte en contidos coma a pirámide alimentaria, os hábitos de vida saudable ou a igualdade. Estas actividades compaxínanse coa práctica de deportes e xogos diversos, aproveitando as instalacións do polideportivo municipal.

O Concello de O Pino busca con este campamento ofrecerlles ás familias unha alternativa de conciliación saudable, entretida e que achegue contidos educativos aos nenos e ás nenas. O custo de Lecer Semana Santa é de 10 euros polos catro días e as familias numerosas gozan dun desconto do 20% a partir do segundo fillo. Na actividade, ademais de estaren atendidos e ao coidado de profesionais, poden desenvolver as súas capacidades artísticas e os seus intereses, aprendendo a través da convivencia e do xogo.

Participantes no campamento Lecer Semana Santa no pavillón municipal de Reboredo

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Admítense todas as solicitudes para o campamento de Semana Santa
O Pino acolle en maio unha nova edición do curso ‘Camiños de coñecemento’ para maiores de 50 anos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego