O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino clausura as escolas deportivas nas que se matricularon 200 menores este curso

O Pino clausura as escolas deportivas nas que se matricularon 200 menores este curso

Novas

05-06-2023
5 Xuñ

Nenas e nenos amosaron os seus avances nas diferentes disciplinas diante de numeroso público no pavillón de Reboredo // 

Ximnasia rítmica é a modalidade que contou cun maior número de asistentes // 

A ANPA sumouse á festa de clausura coas exhibicións de baloncesto e karate // 

Numeroso público asistiu o pasado venres á clausura das escolas deportivas municipais do Concello de O Pino e das actividades deportivas da ANPA do CPI Camiño de Santiago, que congregaron no pavillón de Reboredo a numerosas persoas. As escolas deportivas municipais contaron este ano con 200 menores inscritos nas diferentes disciplinas, sendo a de patinaxe artística a que conta cun maior número de participantes.

As alumnas de máis idade que practican patinaxe foron as encargadas de abrir a xornada de exhibicións, que tamén se pechou co nivel IV de Patinaxe. En total, os e as patinadoras fixeron seis demostracións das súas habilidades nos diferentes niveis das escolas deportivas.

Ademais de baloncesto e karate, actividades organizadas pola ANPA, o público asistente aplaudiu as demostracións de fútbol sala, ximnasia rítmica, baile moderno e badminton que fixeron os alumnos e alumnas matriculados neste curso.

Ao rematar as exhibicións, todos os nenos e nenas matriculadas nas escolas deportivas que estaban presentes no polideportivo levaron como recordo unha medalla, que lles foron entregadas polo alcalde, Manuel Taboada, os concelleiros Eva Varela e José Fuentes e pola secretaria da ANPA, Susana Rial.

Pica aquí para ver o álbum de fotos publicado na páxina de Facebook do concello.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O alcalde do Pino recibe a secretaria xeral da Organización Iberoamericana de Seguridad Social
A Deputación da Coruña financia con 15.000 euros a contratación do técnico deportivo no ano 2023 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego