Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino celebra por todo o alto os 25 anos da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

Novas

03/08/2026
3 Ago

Mil cen persoas participaron no xantar popular dunha edición que volveu atraer numeroso público durante toda a xornada ||

Os mozos e mozas do equipo do Pino campión de Europa de fútbol gaélico protagonizaron un pregón marcado polo orgullo de pertenza e a defensa das tradicións ||

A Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira, a Mostra Cabalar e Artesanía no Camiño centraron unha ampla programación ||

Máis de 3.000 persoas presenciaron o espectáculo ecuestre ‘Sin Límites’ do prestixioso adestrador Santí Serra Camps ||

Manuel Taboada, Belén do Campo e Paula Prado visitan a feira de galos vivos

 

O Concello do Pino celebrou hoxe as vodas de prata da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar cunha multitudinaria xornada na que veciñanza e visitantes compartiron gastronomía, artesanía, tradicións e espectáculos. A cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, conmemorou os seus 25 anos cun programa especial que confirmou o arraigamento desta celebración e a súa capacidade para atraer público de diferentes puntos de Galicia. Os mozos e mozas do Pino campións de Europa de fútbol gaélico as dúas últimas temporadas protagonizaron un emotivo pregón no que estableceron un paralelismo entre o fútbol gaélico e o galo piñeiro pola forza e a valentía que os caracterizan

A xornada dominical comezou coa apertura da XXV Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira Vivas e da Mostra Cabalar. Desde primeira hora da mañá, o recinto festivo rexistrou unha constante afluencia de persoas interesadas nos exemplares avícolas e equinos, nas demostracións de oficios, na II Concentración de Coches Clásicos e Históricos e nas diferentes actividades programadas para todos os públicos.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, percorreu as distintas propostas acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén do Campo; a secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado; e Enrique Luis de Salvador, director do Instituto de Estudos do Territorio. Tamén asistiron Quique Salvador, director xeral de Estudo do Territorio da Consellería de Medio Ambiente; os alcaldes de Touro, Jesús Reboredo, e de Oroso, Álex Doval, ademais de representantes dos concellos de Santiago de Compostela, Frades e Rois. Manuel Taboada agradeceu a súa presenza e destacou a importancia dunha festa que, despois de vinte e cinco edicións, continúa estreitamente vinculada á identidade e á vida social do municipio.

Durante o percorrido pola VI Feira Artesanía no Camiño, de Artesanía de Galicia, a comitiva institucional coñeceu o traballo das artesás e artesáns participantes e asistiu ás demostracións de oficios tradicionais. Tamén degustou produtos de Artesanía Alimentaria de Galicia e as primeiras tapas de galo servidas durante a celebración.

Premios da Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira

A entrega dos premios do certame avícola permitiu recoñecer os mellores exemplares presentados nesta edición. Lucas Magadán conseguiu o primeiro e o segundo premio na categoría de galiña de raza piñeira silvestre. Tamén obtivo o primeiro premio de galo de raza piñeira silvestre, seguido por Antonio Pose, e impúxose na categoría de galo de raza piñeira ancestral, na que Antonio Pose acadou o segundo posto.

Carmen Barral recibiu o primeiro premio de galiña de raza piñeira ancestral, con Antonio Pose en segunda posición. A criadora tamén conseguiu o primeiro premio de galo de raza piñeira branca, por diante de Benjamín Camino.

Carlos Magadán acadou o primeiro e o segundo premio na categoría de galiña de raza piñeira branca. Na modalidade de galo de curral, o primeiro premio foi para Daniel Rojo, mentres que Carmen Barral obtivo o segundo e Matías Miranda, o terceiro.

As autoridades na degustación de galo piñeiro

Un pregón para compartir o orgullo de ser do Pino

Un dos momentos máis especiais da xornada chegou co pregón das rapazas e dos rapaces do Pino que se proclamaron campións de Europa de fútbol gaélico nas dúas últimas temporadas. Os 18 integrantes dos equipos participaron no acto acompañados polo seu adestrador, David de la Torre.

Durante a súa intervención agradeceron a honra de protagonizar unha xornada tan significativa para o seu concello e achegaron ao público unha disciplina deportiva aínda pouco coñecida. Tamén estableceron un paralelismo entre o fútbol gaélico e o galo piñeiro pola forza e a valentía que os caracterizan.

Os pregoeiros reivindicaron a continuidade das tradicións e expresaron o orgullo de ser do Pino. Como mostra de agradecemento polo apoio recibido, entregáronlle ao alcalde, Manuel Taboada, unha camiseta asinada por todos os integrantes dos equipos.

O rexedor felicitounos polos éxitos acadados e salientou que representan un exemplo de compromiso colectivo para a mocidade do municipio. Manuel Taboada destacou tamén o simbolismo de que os protagonistas do pregón das vodas de prata fosen mozos e mozas do concello que levaron o nome do Pino a unha competición europea.

Os mozos e mozas campions de Europa de fútbol gaélico tras dar o pregón. Regaláronlle unha camiseta asinada ao alcalde

Máis de mil quilos de galo servidos

A gastronomía volveu ocupar un lugar central na festa. Ás 13.00 horas celebrouse a tradicional degustación gratuíta, na que o público puido probar as primeiras tapas de galo e outros produtos galegos.

Ás 15.00 horas comezou o xantar popular baixo a carpa instalada xunto á praza de Forcarei. Unhas 1.100 persoas participaron no encontro gastronómico, servido por Casa Taboada e cun menú no que o galo foi un dos principais protagonistas. Entre a degustación e o xantar popular servíronse máis de mil quilos deste produto.

Ao xantar popular, servido por Casa Taboada, asistiron 1.100 persoas

Pola tarde continuaron as probas da Mostra Cabalar coa carreira de trotóns, a exhibición de enganche, a proba de arrastre e a entrega dos premios aos mellores exemplares. O programa incluíu tamén os galardóns especiais aos mellores movementos de Pura Raza Española e o Premio Faísca.

O espectáculo ecuestre Sin Límites, do prestixioso adestrador Santí Serra Camps, puxo o broche ás vodas de prata coa presenza de máis de 3.000 espectadores. A súa proposta de doma en liberdade, baseada na confianza e na conexión cos animais, converteuse nun dos momentos máis esperados dunha edición especialmente emotiva.

A celebración comezara o sábado pola noite coa representación de Quimera, da compañía Pablo Méndez Performance, á que asistiron máis de 300 persoas. As acrobacias aéreas, os malabares e a maxia abriron unha fin de semana coa que O Pino conmemorou os 25 anos dunha das súas citas máis representativas.

 

Clasificacións da Mostra Cabalar do Pino 2026

Premio especial Faísca

  • Marinero PG, de Gand. Patiño Guillán (Vilagarcía)

Premio especial mellores movementos

  • Escribana RJ, de Efrén Fuentes (Teo)

Carreira de trote

  • Branca, de Álvaro (O Pino)
    • Gitana, de Ramón Ramos (Arzúa)
    • Fuego, de Lucas (Arzúa)
    • Lorenzo, de Lucas (Arzúa)

Eguas percheronas

  • Inés, de Miguel González (Teo)
    • Loli, de Juan Chorén Corral (Santiago)
    • Aurita, de Cascabel (Santiago)

Cabalos percheróns

  • George, de José Luis Mata (Santiago)
    • Majoral, de Adrián Mata (Santiago)
    • Rabito, de José Peña Lemos (Boqueixón)

Poldras cruzadas

  • Lusa, de Juan Carlos Dosantos Ramos (Marrozos)
    • Reina Tou, de Gand. Bestilleiro (A Estrada)

Poldros cruzados

  • Llavero, de David Teso (Oroso)
    • Tornado, de Alberto Mata (Teo)
    • Caixer, de Armando Mosqueira (O Pino)

Eguas cruzadas

  • Tekila, de Fernando Cebeiro (Teo)
    • Valeria, de Juan Carlos Dosantos Ramos (Marrozos)
    • Fabulosa, de Marco Antonio (A Estrada)

Cabalos cruzados

  • Duque, de Gand. Cajaraville (Teo)
    • Vanidoso, de Miguel Touceda (Valga)
    • Coni, de Ganadería O Pedroso (Santiago)

Poldras P.R.E. 1-2 anos

  • Malagueña Doval, de Alberio Cascallar (Caldas)
    • Atenea de Blanco, de Yeg. O Piorno (Teo)
    • Melodía de Chacón, de Yeg. Chacón (Teo)

Poldros P.R.E. 1-2 anos

  • Xirinvao CS, de Fernando Cebeiro (Teo)
    • Magnífico de Chacón, de Yeg. Chacón (Teo)
    • Arco PG, de Gand. Patiño (Vilagarcía)

Poldras P.R.E.  3-4 anos

  • Baronesa de Mare, de Xesús Otero (Forcarei)
    • Tuna de Noia, de Gand. Cajaraville (Teo)
    • Jefa de Andagal, de Yeg. Andagal (Abegondo)

Poldros P.R.E. 3-4 anos

  • Pim-Pom JB, de Gand. Patiño (Vilagarcía)
    • Tenor JR, de Gand. Iglesias (Santiago)

Égoas P.R.E.  5 e máis anos

  • Escribana RJ, de Efrén Fuentes (Teo)
    • Luna, de Yeg. O Piorno (Teo)
    • Condesa de Cabaña, de Yeg. O Piorno

Cabalos P.R.E.  5 e máis anos

  • Marinero PG, de Gand. Patiño Guillán (Vilagarcía)
    • Artista de Blanco, de Yeg. O Piorno (Teo)
    • Ramsés PG, de Carlos Calvelo (Santiago)

A XXV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino conta coa colaboración de Turismo da Deputación da Coruña; Turismo de Galicia, Fundación Pública Artesanía de Galicia e Axencia Galega das Industrias Culturais.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Manuel Taboada: “Hoxe premiamos os mellores deportistas, que son os embaixadores do Pino nas diferentes competicións”
O Pino contará cun novo centro sociocultural en San Mamede de Ferreiros grazas a un convenio coa Xunta »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés