Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino cédelle unha parcela de 375 metros á Xunta para construír vivenda protexida en Arca

Novas

29/10/2025
29 Out

Está situada fronte ao antigo centro de saúde e xunto coa parcela que xa ten o IGVS permitiría unha edificabilidade de 1.300 metros cadrados  ||  

O Concello destinará a investimentos 227.000 euros do POS+ adicional e 31.000 a gasto corrente  ||  

 

 

A Corporación do Pino aprobou por unanimidade no pleno de hoxe cederlle unha parcela de 375 metros cadrados ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para que a Xunta poida construír vivenda protexida en Arca. Na sesión tamén se ratificou destinar a investimentos 227.000 euros do POS+ adicional 4/2025, reservando outros 31.000 euros para gasto corrente.

O alcalde Manuel Taboada, ratificou esta mañá no Pleno a intención do equipo de goberno do Pino de manter a súa aposta por construír vivenda de protección pública no municipio. Con este obxectivo, o Concello vaille ceder á Consellería de Vivenda unha parcela de titularidade municipal, de 375 metros cadrados de superficie e situada fronte ao antigo centro de saúde, na avenida de Lugo.

Esta parcela está pegada a outra de 240 metros cadrados que xa é propiedade do IGVS.  Deste xeito, o Instituto Galego de Vivenda e Solo podería facer unha promoción de vivenda de protección autonómica cunha edificabilidade máxima de 1.306 metros cadrados, distribuídos en baixo, dúas plantas e baixo cuberta. Manuel Taboada explicou no pleno que con esta cesión, o “Concello vai favorecer que se constrúan unhas 15 vivendas de promoción pública no Pino, segundo cálculos da propia Xunta. Isto vai permitir que moitos xoves poida acceder á primeira vivenda ”, asegurou o alcalde.

O acordo foi aprobado por unanimidade.

Na sesión desta mañá tamén se aprobou o POS+ adicional 4/2025 da Deputación da Coruña, que lle asigna ao Concello do Pino 250.599,57 euros. A proposta presentada polo equipo de goberno contempla destinar 31.000 euros para gasto corrente e reservar os 227.599,57 para investimentos financeiramente sostibles para a execución de obras o vindeiro ano.

O Pleno extraordinario de hoxe tamén acordou modificar o convenio de ciberseguridade que o Concello asinou coa Deputación da Coruña.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Outono Teatral volve ao Pino os domingos de novembro con tres obras e un concerto
O Concello do Pino mellora os accesos ao Camiño Francés cun proxecto de embelecemento financiado pola Xunta »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés