O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino axudará con 70.000 euros ao sector da hostalaría local

O Pino axudará con 70.000 euros ao sector da hostalaría local

Novas

20-11-2020
20 Nov
  • O alcalde fixo o anuncio esta mañá durante o pleno extraordinario  || 

  • O PSOE retirou a súa proposta para incrementar a aportación ao PEL Reactiva  || 

  • A Corporación rexeitou tamén as alegacións do grupo socialista e de dúas veciñas contra a modificación de crédito para arranxar o campo de fútbol de Lameiro  || 

 

O Concello de O Pino vai sacar outra liña de axudas dirixida ao sector da hostalaría do municipio, un dos máis afectados pola pandemia da covid-19 posto que, ademais de cerrar durante o estado de alarma, tivo que pechar de novo as súas portas o pasado 6 de novembro e non poderá abrir, como mínimo, ata o 4 de decembro. O alcalde anunciou esta mañá en pleno a proposta do equipo de goberno, para destinar uns 70.000 euros en axudas directas para bares, restaurantes, cafeterías, hoteis, etc.

Manuel Taboada Vigo fixo este anuncio durante o pleno extraordinario solicitado polos socialistas para que O Pino incrementase a súa aportación ao plan PEL Reactiva da Deputación da Coruña. O alcalde explicou que o Concello aportaba o 20% dos fondos, como estableceu a propia Deputación da Coruña. Durante a súa intervención, Taboada anunciou a proposta do Partido Popular para axudar aos hostaleiros, e o portavoz socialista, Óscar Vilar, decidiu retirar a súa proposta, que xa non foi sometida a votación.

O Concello de O Pino tiña reservados 100.000 euros para axudas directas aos traballadores autónomos e pequenas empresas que tiveron que pechar durante o confinamento. Estas subvencións podíanse destinar a pagar a cota de autónomo e os alugueiros. “Houbo que pedirlle a varios solicitantes que enviaran toda a documentación requerida”, motivo polo que esta convocatoria aínda non se resolveu, explicou Taboada. As estimacións apuntan a que se destinarán uns 30.000 euros para axudar aos autónomos e empresarios solicitantes.

Os 70.000 euros restantes vanse destinar para axudar agora directamente ao sector da hostalaría, explicou Taboada en pleno.

Previamente a este pleno, celebrouse outra sesión extraordinaria para debater as alegacións presentadas por dúas veciñas e polo grupo socialista contra o expediente de modificación de crédito para arranxar o campo de fútbol de Lameiro. Aínda que o portavoz socialista insistiu en que podían presentar alegacións, un informe da Secretaría do concello indica que non estaban lexitimados. Non obstante, durante a votación, a proposta foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular (5). O PSdeG votou a favor (3) e o BNG (2), abstívose.

Durante o debate, o alcalde explicou que o Concello ten que licitar e contratar este ano as obras, aínda que as mesmas se poidan executar durante o primeiro trimestre de 2021. Como o portavoz socialista criticara a urxencia da modificación de crédito e que as obras se puiden incluír no orzamento do ano que ven, o alcalde replicoulle que unha das razóns dos socialistas para presentar as alegacións puideran ser en retrasar todo o proceso, pero asegurou que este ano se cumprirían os trámites.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Bases de selección de alumnado e persoal do Obradoiro de emprego Boqueixon, O Pino, Touro e Vedra
Declaración institucional do Concello de O Pino polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés