Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino aproba un presuposto de 4,9 millóns para 2024 que destina un millón a investimento

Novas

01/12/2023
1 Dec

O alcalde destaca o incremento de orzamento destinado a actividades culturais, programas de conciliación e servizos sociais  ||  

Para sufragar os servizos que se ofrecen á veciñanza o Concello reserva 2,8 millóns de euros e reduce o gasto de persoal  ||  

As contas aprobáronse cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e o voto en contra do PSdeG  ||  

O Concello do Pino contará o vindeiro ano cun presuposto de 4,94 millóns de euros, dos que destinará unha quinta parte a investimentos reais (1,04 millóns) e un terzo para pagar os servizos que se ofrecen a veciñanza (2,86 millóns). O alcalde, Manuel Taboada, destaca o incremento das partidas destinadas a actividades culturais, programas de conciliación e servizos sociais. No pleno extraordinario celebrado esta mañá, os orzamentos foron aprobados cos votos a favor do PP (6), a abstención do BNG (2) e o voto en contra do PSdeG (2).

Manuel Taboada presentou unhas “contas realistas coas que queremos atender as demandas da veciñanza” tanto na realización de obras como de servizos. Neste senso resaltou que se duplicaba o importe da partida destinada a concellaría de Cultura e tamén se incrementaba considerablemente o gastos en programas de conciliación e servizos sociais.

Taboada Vigo dixo que o orzamento baixada un 1,25% respecto ao deste ano porque non incluía a aportación que debe facer o concello para construír o centro de día, que está previsto que a Consellería de Política Social licite o vindeiro ano. “Esta aportación figura no remanente de tesourería do Concello, porque estaba incluída no presuposto de 2023”.

Ademais dos investimentos reais (1,04 millóns) e os gastos en bens correntes e servizos (2,86 millóns), a partida de gastos de persoal redúcese ata  769.000 euros e resérvanse 203.570 para transferencias correntes.

Respecto ao capítulo de ingresos, a maior contía procede das transferencias correntes doutras administracións (2,4 millóns de euros) e de impostos directos e indirectos (1,53 millóns). As taxas e prezos públicos increméntanse ata 573.000 euros, en gran medida debido a maior recadación por licenzas de obra e polo canon enerxético. As transferencias de capital representan 432.000 euros

No debate, dende o BNG José Luis Brocos preguntou se a partida de 300.000 euros para parques e xardíns se ía executar este ano. O alcalde respondeu que estaba prevista para poder construír en Arca unha praza pública que poida cumprir as funcións de campo de festas. A compra desta parcela estase retrasando “porque os propietarios están a pedir un prezo desorbitado e temos que estudar a mellor opción para facer realidade este proxecto”, dixo.

Dende o PSdeG, Óscar Villar criticou uns orzamentos que cualificou de “continuistas, que non buscan mellorar a calidade de vida da veciñanza ni fomentar o emprego ou aumentar servizos”. O voceiro socialista volveu reclamar o listado de obras que está previsto executar este ano.

Manuel Taboada replicoulle que o Concello do Pino “licitou en 2023 máis obras que o Concello de Santiago” e lembrou o incremento de partidas en cultura, conciliación ou servizos sociais. “Nós intentamos acertar coas demandas da veciñanza”, concluíu.

As contas foron aprobadas cos votos a favor do grupo de goberno popular votou a favor, a abstención do BNG e o voto en contra do grupo socialista.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello de O Pino celebra a primeira edición dos premios aos deportistas máis destacados do ano
O CPI Camiño de Santiago logra cinco podios na fase zonal de cros escolar celebrado na Madalena »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego