O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino aproba 100.000 € en axuda a autónomos co voto a favor de PP e BNG e en contra do PSdeG

O Pino aproba 100.000 € en axuda a autónomos co voto a favor de PP e BNG e en contra do PSdeG

Novas

30-06-2020
30 Xuñ
  • Autónomos e pequenos empresarios poderán recibir ata 600 euros para pagar cotas da seguridade social e outros 600 para alugueiros || 

  • Adxudicado o Servizo de Axuda no Fogar tamén co apoio de goberno e nacionalistas e o voto en contra dos socialistas || 

  • O Espertar Servizos Sociais seguirá xestionando o SAF, cun prezo hora de 15,60 euros días laborais e de 18,20 en festivos || 

  • O Concello pediralle á Xunta que axilice as parcelarias de monte de Arca e Pereira, e promoverá a venda directa de produtos agrogandeiros entre a veciñanza ||

O Concello de O Pino vai destinar unha partida de 100.000 euros para axudas directas aos traballadores autónomos ou pequenas empresas con menos de 10 traballadores obrigados a pechar durante o estado de alarma. A proposta do equipo de goberno foi aprobada cos votos do PP e do BNG, mentres que o PSdeG votou en contra. Durante o pleno desta mañá repetiuse a mesma votación na adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) á empresa Espertar Servizos Sociais.

O alcalde, Manuel Taboada, defendeu a proposta do equipo de goberno para axudar aos autónomos como unha iniciativa municipal para tentar reactivar a economía e axudarlle a aqueles autónomos e pequenas empresas obrigadas a pechar durante o estado de alarma. As axudas poderán ser dun máximo de 600 euros para pagar cotas de autónomos e outros 600 euros para alugueiros, e os solicitantes teñen que estar empadroados no Pino con anterioridade ao 15 de xuño.

Manuel Taboada estima que esta medida pode beneficiar a uns 100 autónomos ou pequenos empresarios. Os socialistas propuxeron ampliar os conceptos subvencionables e incluír outros gastos, como amortizacións de préstamos, luz, auga ou a seguridade social dos empregados. O alcalde rexeitou esta proposta indicando que eses gastos pódense incluír en subvencións doutras administración, como Deputación, Xunta ou do Goberno central, e sinalou que “as axudas do concello son compatibles coas de outras administración”.

Reiterou que o Concello non está obrigado a poñer en marcha este tipo de medidas, pero que quere contribuír a reactivar a economía local tanto con esta como con outras iniciativas que xa se puxeron en marcha.

Durante a votación, a proposta foi aprobada cos 6 votos do PP e 2 do BNG, mentres que os socialistas (3) votaron en contra.

O mesmo resultado (8 votos a favor e 3 en contra) rexistrouse na adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, que seguirá prestando a empresa O Espertar Servizos Sociais por un total de 264.695 euros anuais, cun prezo hora de 15,60 euros en días laborais e de 18,20 en festivos. Os socialistas criticaron as bases de execución, por considerar que se valoraban moito criterios subxectivos. Dende a secretaría do concello informouse que as bases cumprían os requisitos establecidos na lei estatal de contratos.

No expediente de modificación de crédito para destinar o superávit municipal de 899.000 euros a sufragar as axudas aos traballadores autónomos (100.000 €) e a investimentos economicamente sostibles (799.000) votaron a favor PP e BNG. Os socialistas votaron en contra porque non figuraba a relación concreta de obras que se ían a cometer.

Durante a sesión, os tres grupos decidiron converter en declaración institucional do Concello a proposta socialista para solicitarlle á Xunta que axilice e acometa o antes posible as concentracións de monte nas parroquias de Arca e Pereira.

Tamén se aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG para que dende o concello se fomenta e se promova a venda directa de produtos agrogandeiros da veciñanza e os excedentes agrarios. Nesta senso, o alcalde informou que o Concello quere poñer en marcha unha plataforma de venta online para que a veciñanza poidan vender os seus produtos por internet.

A situación do camión municipal do lixo (con máis de 18 anos e constantes avarías) foi punto de fricción entre o grupo de goberno e os socialistas, cando estes instaron ao alcalde a buscar financiamento para adquirir un novo camión antes de que remate o actual contrato con Urbaser. Como indicaron na súa moción, o alcalde replicoulles que cando o presidente da Deputación visitou O Pino hai dous anos lle pediron axuda para mercar un novo camión “e non tivemos resposta, mentres que con outros concellos si firmou convenios nominativos”. “Teremos novo camión do lixo, aínda que non recibamos nada da Deputación”, se replicou Taboada cando o socialista Óscar Vilar lle pediu que indicara cantas solicitudes presentara por escrito no organismo provincial.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino rematou a substitución de 332 puntos de luz por luminarias led con fondos Feder xestionados polo IDAE
O Pino abre dende hoxe a piscina municipal de Lameiro de 12.00 a 20.00 horas todos os días »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés