O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino aposta un ano máis polo bordado, a costura e os bolillos na programación ocio-cultural 2019/2020

O Pino aposta un ano máis polo bordado, a costura e os bolillos na programación ocio-cultural 2019/2020

Novas

23-09-2019
23 Set

Co comezo do curso, bota a andar a programación cultural outono-inverno do Concello do Pino. Este ano o bordado, os bolillos, a costura, as clases de guitarra e ukelele e a creatividade para os máis cativos e cativas seguen sendo a aposta forte, sen esquecer a continuidade do ‘Camiña e Descubre’e do Nadal Benéfico. A novidade ven da man do Club dos venres adicado a maiores de 50 anos que buscan pasar as súas tardes de forma divertida e diferente.

Para inscribirse ou recibir máis información pódense cumprimentar os arquivos adjunto; chamar á Casa da Cultura ao 981 511 065, ou escribir ao correo electrónico cultura@opino.gal. Para poder conformar os grupos e comezar as actividades no mes de outubro, dende o Concello recordan que os interesados deberán anotarse antes de que remate o mes de setembro.

Este novo curso as actividades son prácticamente as mesas que o anterior. De xeito que as clases de bolillos e bordado ao aire impartiranse pola mestra Ana Rosa, unha artesán con gran formación, experiencia e varios premios dentro do mundo do encaixe e o bordado, na Casa da Cultura de Arca, os mércores ás 18.00 horas por 30€ ao mes.

As clases de guitarra tampouco son unha novidade en O Pino, mais este curso incorpórase a esta actividade a opción de aprender a tocar o ukelele. A Casa da Cultuira de Arca será tamén onde se impartirá este taller cada mércores por 15 euros ao mes e que formará grupos de 4 persoas, escollendo o horario por orde de inscrición. O obxectivo de estas clases é coñecer ben a guitarra e as súas peculiaridades tanto rítmicas como melódicas. Así como as tonalidades e diferentes técnicas, estilos e sons.

Continúa tamén o obradoiro de costura, que se impartirá, os martes ás 10.30, os mércores ás 11.00 e os xoves ás 18.30 horas, cun custo de 20 euros mensuais por dúas horas semanais de clase, na mesma localización que as anteriores. Do mesmo modo que tamén se celebrará o VI Nadal Benéfico. Como en anos anteriores, habilitarase na Casa da Cultura un caixón  desde o día 1 de decembro ata o día 31 de xaneiro de 2020 onde poder depositar voluntariamente alimentos e produtos non perecedoiros, produtos de hixiene ou limpeza. Servizos Sociais do Concello de O Pino fai entrega, en diferentes datas ás familias demandantes, dos alimentos achegados dende Cruz Vermella. En contadas ocasións danse urxencias sociais que precisan axuda, e é aí onde se bota man dos alimentos ou produtos dos que dispoñemos na Casa da Cultura para cubrir esas demandas. Por iso agradecemos de antemán a vosa colaboración. Ademáis a música, o teatro, os obradoiros e xogos, a chocolatada, o cine, etc… serán os protagonistas do mes de Nadal.

Entre as actividades previstas para as fines de semana destaca o programa ‘Camiña e Descubre’, que levará a quen participe nel a percorrer o Camiño Portugés a Santiago dende Nigrán, en etapas a celebrar o terceiro sábado de cada mes. As datas de celebración póden sufrir modificacións por culpa de outras actividades ou festivos. O custo por viaxe será de 8 euros.

Por último, tanto os máis maiores coma os máis cativos, poderán gozar coas actividades de Creatividade e o Club dos venres. A primeira está dirixida aos nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, que desenvolverán a súa creatividade á vez que se divirten no CPI Camiño de Santiago de 15.30 a 16.30 horas. Mentres que a segunda está pensada para os maiores de 50 anos que buscan compartir as tardes dos venrs con m,artodas de cartas, charlas e saídas.

Icon

Actividades ocio-culturais 2019-2020

1 file(s) 1.25 MB
Download
Icon

Menores: Inscrición actividades ocio-culturais 2019-2020

1 file(s) 146.04 KB
Download
Icon

Adultos: Inscrición actividades ocio-culturais 2019-2020

1 file(s) 171.66 KB
Download
Tweet
Share70
Share
Pin
70 Shares
« O Pino destina 44.575 euros a subvencións municipais para asociacións e entidades sen ánimo de lucro
Convocatoria e bases reguladoras para a concesión de bolsas a universitarios/as no curso 2010/2020 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán