O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino adxudica cinco proxectos de obras con fondos propios por importe de 2,6 millóns

O Pino adxudica cinco proxectos de obras con fondos propios por importe de 2,6 millóns

Novas

31-05-2022
31 Mai

O Pleno ratificou o a cordo da mesa de contratación coa designación das empresas que executarán as actuacións  ||  

O acordo aprobouse cos votos a favor de PP e BNG e a abstención do grupo socialista  ||  

As empresas Cosmalca, Antonio Filloy, Oviga e Arines Obras y Proyectos serán as encargadas de executar as obras  ||  

O Pleno da Corporación do Pino ratificou esta mañá, cos votos a favor de PP e BNG e a abstención do PSdeG, a adxudicación de cinco proxectos de obras seguindo a proposta da mesa de contratación. O investimento total destas actuacións supera os 2,6 millóns de euros, que serán financiados con fondos propios do Concello. O alcalde agarda que a “finais de xuño ou principios de xullo poidan iniciarse estas obras, para que estean rematadas durante o verán”, xustificando neste motivo a celebración do pleno extraordinario.

O pasado mes de decembro, o Pleno aprobou os pregos de condicións e iniciar os expedientes de contratación para acometer un ambicioso plan de obras con fondos propios do Concello, por un importe superior aos tres millóns de euros, e que contempla a construción de 12 quilómetros de sendas peonís, entre outras actuacións. Co acordo plenario desta mañá, xa se poderá adxudicar definitivamente as obras ás empresas propostas pola mesa de contratación.

A empresa Cosmalca será a encargada de facer a senda entre Bugalleira e Rabal de Abaixo, cunha lonxitude de tres quilómetros e un investimento de 635.258,99 euros. Esta senda contará con 6 centímetros de aglomerado en quente sobre unha capa de 25 centímetros de zahorra, ademais de canalizacións de pluviais en toda a súa lonxitude, cos correspondentes pozos e sumidoiros (características que son similares en todas as sendas). O prazo de execución proposto pola empresa é de 3 meses.

Entre os lugares de Os Currás e O Petón a empresa Arines Obras y Proyectos vai construír outra senda de tres quilómetros nun prazo de tres meses. O importe desta obra ascende a 613.929,57 euros.

A empresa Obras y Viales de Galicia (Oviga) foi a adxudicataria da senda que unirá A Xesta e Frechazo Último, nun tramo de pouco máis de dous quilómetros. O presuposto de adxudicación é de 505.420 euros e o prazo de execución, tres meses.

As outras dúas sendas deste plan van comunicar, por un lado, a igrexa de Pereira coa aldea, cunha lonxitude de 240 metros e dous metros de ancho; e, polo outro, con case 900 metros de longo, comunicará a estrada N-547 coa igrexa de San Breixo. Cosmalca será a empresa encargada de construír estas dúas sendas cun investimento de 394.290,54 euros e un prazo de execución de tres meses.

Cando estean rematadas estas obras, as trece parroquias do Pino contarán con sendas peonís, “o que vai mellorar a seguridade viaria da veciñanza”, asegurou o alcalde, Manuel Taboada.

O última adxudicación ratificada polo pleno desta mañá fai referencia as obras para mellorar o firme da pista que vai de Area Branca a Couto Peno, pasando por Sobrado e Setas (Medín); a estrada do Marquiño a Vimieiro, a pista de Cruceiro ata a igrexa de Lardeiros, a pista de Rego de Auga ata Casa de Auga (Budiño) e a pista de Campo a Tarroeira (Budiño e O Pino). A empresa Antonio Filloy será a encargada de executar estas melloras, cun investimento de 497.415 euros e un prazo de execución de tres meses.

O plan de obras municipal contempla tamén melloras noutras estradas do municipio e no interior de diferentes núcleos de poboación. A adxudicación destas obras é competencia da Xuna Local de Goberno. Entre elas figura melloras len Rejas (Rourís), na estrada local de Casa Ramos a Cerceda, nas pistas interiores de Cebreiro, en A Pena, Ombre, Barcia e no aparcadoiro da Igrexa (Pastor).

Pleno O Pino adxudicación plan de obras por 2,6 millones con fondos propios do Concello

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Preto de 150 escolares do Pino participaron nas Escolas deportivas municipais
A veciñanza de Lardeiros enche o local social na primeira charla sobre seguridade para persoas maiores »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés