Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino adía para o 17 de setembro a ‘I Festa da Familia O Papaventos’ pola previsión de mal tempo

Novas

31/08/2022
31 Ago
  • Tanto Meteogalicia como AEMET anuncian fortes tormentas para esta fin de semana  ||  
  • O encontro, previsto para este sábado, seguirase celebrando na área recreativa da Magdalena  ||  
  • Animación, xogos populares, teatro, música e un xantar campestre conforman unha programación para todas as idades  ||  

O Concello de O Pino decidiu adiar para o vindeiro 17 de setembro a celebración da I Festa da Familia O Papaventosdebido ás previsións de mal tempo que anuncian para esta fin de semana tanto Meteogalicia como a Axencia Estatal de Meteoroloxía debido a unha profunda borrasca sobre as Illas Británicas. A festa íase celebrar este sábado na área recreativa da Magdalena, e agora retrásase dúas semanas.

“Queremos que as familias poidan gozar dun día cheo de actividades na área recreativa da Magdalena, e isto non será posible se chove, motivo polo que adiamos a celebración”, asegura a concelleira de Cultura, Eva Varela.

O vindeiro 17 de setembro, sábado, na área recreativa da Magdalena, na parroquia de Castrofeito, están programadas unha chea de actividades para publico familiar dende ás 12 do mediodía. Xogos, xincanas, obradoiros e espectáculos como ‘A eira do paporrubio’, ‘O estrano caso do dentista da rúa Brasov’ ou a música de ‘Uxía Lambona e a Banda Molona’. Haberá polbeiro para poder xantar e que as familias gocen dun completo día de diversión ao aire libre.

A programación botará a andar ás 12 do mediodía cunha festa holi, xogos populares, xincanas e obradoiros. Haberá actividades lúdicas como concursos musicais, obradoiros de camisetas e de papaventos ou xogos tradicionais pensados para todas as idades (tiro da corda, carreiras de sacos entre pais, nais e fillos/as, etc.). Tamén haberá equilibrios en cinta entre as árbores, campionatos de xogos de mesa, un espazo de ludoteca con manualidades… En definitiva, unha completa oferta de ocio que non se deterá en ningún momento da xornada.

As familias que o desexen poderán gozar dun xantar campestre. Xa pola tarde terán lugar diversos espectáculos de animación e música, algúns de forma simultánea. A eira do paporrubio, un espectáculo-obradoiro que combina xogos tradicionais, monicreques e música e o carromato de O estrano caso do dentista da rúa Brasov, un pasarrúas con maxia e clown centrado na delirante historia dun dentista da Europa do Leste que busca clientes para a súa consulta ambulante, son dúas das propostas. O espectáculo musical de Uxía Lambona e a Banda Molona poralle o broche a esta xornada de festa e convivencia coa súa reinterpretación de clásicos populares da música galega.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Milleiros de persoas asisten no Pino á XXI Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar
O Pino presumirá de gastronomía local o mércores día 7 coa celebración do evento ‘saborEarte’ »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés