O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino acolle en maio unha nova edición do curso ‘Camiños de coñecemento’ para maiores de 50 anos

O Pino acolle en maio unha nova edición do curso ‘Camiños de coñecemento’ para maiores de 50 anos

Novas

20-04-2022
20 Abr

O envellecemento saudable, a criminoloxía e a escrita da nosa historia centran os cinco seminarios // Os participantes no ciclo visitarán a facultade de Medicina //

Folletos de Camiños de coñecemento e experienciaO programa da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en maio ao Concello do Pino para ofrecerlles formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos. O centro sociocultural Luis Seoane acollerá cinco xornadas formativas sobre diversos temas culturais e científicos. Ademais, realizarase unha visita á facultade de Medicina compostelá.

O ciclo ábrese o mércores 18 de maio cun seminario sobre envellecemento saudable, a cargo do doutor Víctor M. Arce Vázquez. Ao día seguinte, os participantes no programa visitarán a facultade de Medicina acompañados polo médico de familia e profesor José Manuel Fernández García.

A criminóloga e investigadora da facultade de Ciencias Políticas Ana Moure Soengas será a encargada dos relatorios dos días 23 e 24 de maio, sobre introdución á criminoloxía e a análise de pegadas dixitais, respectivamente.

O ciclo continuará o día 30 cun seminario a cargo do doutor en Historia Anxo Rodríguez Lemos sobre os instrumentos e soportes de escritura empregados na historia de Galicia e  pecharase o martes 31 de maio cunha sesión práctica de achegamento a materiais arqueolóxicos e documentais.

A matrícula neste programa formativo é gratuíta. As inscricións realizaranse no departamento de Servizos Sociais do Concello de O Pino, en horario de 8.30 a 14.30. Os seminarios desenvolveranse en horario de tarde, de 16.30 a 18.00 horas.

Camiños de coñecemento e experiencia forma parte do IV Ciclo Universitario da Universidade de Santiago, entidade que organiza o programa co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña. Na edición de 2022 participan os concellos do Pino, Lousame, Arzúa, Boqueixón, Porto do Son, Melide, Muros, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Teo, Vedra, Ordes e Outes.

Icon

Folletos de Camiños de coñecemento e experiencia 2022

1 file(s) 1.07 MB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino cobre as necesidades de conciliación nas vacacións escolares con Lecer Semana Santa
O Pino presenta os proxectos para residencia e centro de día de maiores por 2,7 millóns de euros »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego