O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Cultura / O Pino acolle a representación teatral de ‘Relato para un incendio’ o venres 10 de marzo

O Pino acolle a representación teatral de ‘Relato para un incendio’ o venres 10 de marzo

Cultura· Novas

06-03-2023
6 Mar

Relato para un incendio

Cartaz de Relato para un incendioA compañía aAntena traerá esta semana ao Pino a representación teatral de Relato para un incendio, unha proposta que parte da realidade máis próxima para poñer en valor a identidade e a tradición galegas. A obra vai dirixida a público adulto e poñerase en escena o venres 10 de marzo no centro sociocultural Luis Seoane a partir das 20.00 horas. Esta actividade enmárcanse no proxecto A ollada de Gustav, que recupera a historia de Gustav Henningsen, o danés que percorreu Galicia en 1965 realizando unha completa colleita etnográfica e antropolóxica.

Dous sucesos verídicos, como son os incendios provocados por unha veciña na comarca de Ordes no verán de 2016 e os estudos de Gustav Henningsen na procura dos últimos vestixios de bruxería en Galicia, son o punto de partida de Relato para un incendio. O texto de Ernesto Is conecta estes dous feitos a modo de teatro documento, con dirección de Xosé Leis e interpretacións de Isabel Risco, Victoria Pérez e Manu Fernández. Esta coproducción de aAntena, o Centro Dramático Galego e a MiT Ribadavia poderá verse o venres 10 de marzo ás 20.00 horas no centro sociocultural Luis Seoane. A entrada é gratuíta.

A recuperación do patrimonio invisible de Galicia e a consecución da igualdade están presentes nas creacións artísticas da compañía aAntena, que desta volta se pon á fronte dun proxecto de dinamización do medio rural a través da cultura. O Concello de O Pino foi un dos 13 municipios galegos seleccionados para a posta en marcha da Ollada de Gustav, proxecto favorecido na convocatoria de axudas Territorio Cultura da Xunta de Galicia ao abeiro dos fondos Next Generation da UE.

A ollada de Gustav trata de dar a coñecer, conxugando pasado e presente, os traballos do antropólogo e folclorista danés Gustav Henningsen, quen no ano 1965 e enviado por Julio Caro Baroja, visitou Galicia para facer un estudio etnográfico sobre as crenzas arredor da bruxería na nosa comunidade. Ao longo de 20 meses, o investigador desenvolveu un intenso traballo de campo por toda Galicia, deténdose de xeito especial na comarca de Ordes.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino inicia unha consulta destinada a modificar o PXOM para facilitar a construción de vivendas nos núcleos rurais
O Pino simboliza coa apertura dunha porta violeta o camiño na loita das mulleres pola igualdade »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego