Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino abre o sábado 29 de xuño a piscina municipal de Lameiro con abonos e cursos de natación

Novas

27/06/2024
27 Xuñ

Apertura da piscina municipal de LameiroO Concello do Pino inaugurará a temporada de verán o vindeiro sábado 29 de xuño coa apertura da piscina municipal de Lameiro, a cal abrirá de luns a domingo en horario ininterrompido de 12.00 a 20.00 horas. Os abonos poden retirarse na Casa do Concello, de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 horas.

A piscina municipal de Lameiro abrirá o sábado día 29 de xuño tanto para quen queira ir tomar o sol e darse un baño como para as persoas interesadas en facer cursiños de natación. A entrada diaria terá un custo de 3,60 euros e haberá abonos de tempada económicos para aquelas persoas que vaian facer un uso habitual das instalacións municipais.

Os prezos dos bonos individuais oscilarán entre os 6 euros para os menores de 16 anos e de 12 euros para as persoas adultas no caso de ser residentes no municipio. O custo duplícase para as persoas que residen noutros concellos, sendo de 12,02€ o bono individual para menores de 16 anos e de 24,04€ para adultos.

Así mesmo, e só para as familias residentes no Pino, establécese un custo de 15,02 euros por parella, ao que haberá que sumarlle 6,01 euros máis por un fillo e outros tres polo segundo (a partir do terceiro será gratuíto). Iso significa que unha familia con dous fillos/as ou máis aboará 24,03 euros por toda a tempada.

As persoas que accidentalmente residan no Concello polo período das vacacións poderán acceder ás mesmas tarifas que os residentes aínda que non figuren inscritos no padrón, previa comprobación dos servicios técnicos municipais.

Ademais, as persoas mozas que amosen o seu carné xove desfrutarán dun desconto do 25%.

No que respecta aos cursos de natación, é requisito obrigatorio contar cun abono. As persoas interesadas poderán asistir a un máximo de dúas clases por semana. O curso terá un prezo de 3 euros ao mes para menores de 16 anos e de 9,01 para persoas adultas. Os cursos desenvolverase de luns e xoves en horario de 12.30 a 13.15 horas. A organización dos grupos dependerá da idade e do nivel dos participantes.

Icon

Taxas da piscina municipal 2024

1 file(s) 103.13 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello de O Pino pídelle ao de Santiago que deixe operar aos taxistas do Pino no aeroporto
Manuel Taboada participa no foro ‘La España Despoblada’ organizado en O Pino pola Ser »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés