Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino abre hoxe, 8 de setembro, o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais e nas actividades para persoas adultas e maiores

Novas

08/09/2025
8 Set

As novidades do curso 2025-2026 son o xadrez para escolares e os circuítos funcionais, os bailes e a incorporación de hipopresivos nas clases de pilates para adultos ||

As inscricións están abertas ata o 10 de outubro ||

Foto de familia con todos os nenos e nenas participantes

O Concello do Pino pon en marcha desde hoxe, luns 8 de setembro, o prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas Municipais e nas actividades deportivas destinadas a persoas adultas e maiores durante o curso 2025-2026.

A veciñanza poderá formalizar a matrícula ata o 10 de outubro, tanto de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello como a través da plataforma en liña habilitada polo Concello, aínda que nesta última opción só estará dispoñible para usuarios que se inscriban nunha única actividade. No caso de apuntarse a varias actividades, de pertencer a unha familia numerosa ou de aplicar algún desconto, será preciso acudir presencialmente ao departamento de Deportes ou contactar directamente co Concello para completar correctamente a inscrición. O horario de atención é de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres.

A oferta deste ano inclúe novidades tanto nas escolas deportivas como nas actividades para adultos e maiores. Para a rapazada, ademais das disciplinas habituais, introdúcese a práctica do xadrez, que se suma a actividades como patinaxe, ximnasia rítmica, psicomotricidade, baile moderno, bádminton, multideporte e fútbol sala. As clases para escolares desenvolveranse nos polideportivos municipais de Reboredo, no centro escolar, e de Lameiro, así como en horario especial de conciliación de 15:30 a 16:30 horas, que contan tamén coa financiación do Concello pero se organizan a través da ANPA do CPI Camiño de Santiago. O programa espallarase ata o 31 de maio.

A maioría das clases terán horario de tarde de luns a venres salvo ximnasia rítmica, que volve ter programadas dúas hora os sábados pola mañá, de 10.00 a 12.00, en Lameiro, segundo o grupo de idade.

O prezo será de 40€ anuais por actividade para menores empadroados e de 60€ para non empadroados. O segundo e sucesivos irmáns así como a realización de máis dunha actividade contarán cunha bonificación do 50%.

Novas propostas para as persoas adultas

Para as persoas maiores de 16 anos, a programación tamén se amplía con propostas innovadoras. Este ano inclúense circuítos funcionais, clases de bailes de salón e latinos, e nas sesións de pilates incorporarase unha parte de hipopresivos. Estas actividades desenvolveranse no polideportivo de Lameiro, agás pilates e ioga, que se impartirán no Centro Sociocultural Luis Seoane, ata o 30 de xuño.

Mantense o prezo de 55€ anuais por actividade para empadroados e de 75€ para non empadroados, aplicándose a metade na segunda actividade e sucesivas. Ademais, disciplinas como zumba, GAP e circuítos de forza continuarán formando parte da oferta deportiva habitual.

Programa de Envellecemento Activo

O programa tamén contempla ás persoas maiores cun Programa de Envellecemento Activo, que inclúe ximnasia nos locais sociais das parroquias de Pastor, Lardeiros, Gonzar, Ferreiros e Budiño. O custo será de 45€ ao ano para persoas empadroadas e de 90€ para non empadroadas, aplicándose descontos do 50% na realización de máis dunha actividade.

O Concello lembra que os horarios das actividades poden sufrir modificacións unha vez comecen as mesmas. Compre salientar ademais que a participación en calquera das actividades implica o pagamento íntegro da cota no momento da inscrición, sen opción a devolucións salvo cancelación da actividade, nin a posibilidade de fraccionamento dos pagos. Cada actividade require un mínimo de oito persoas para celebrarse, e en caso de non acadarse este número, a actividade será cancelada unha vez finalizado o prazo de inscrición.

Toda a información sobre prazos, formularios, normativa e pagos está dispoñible na web municipal:  www.opino.gal. As persoas interesadas tamén poden obter información e resolver dúbidas chamando ao departamento de Deportes do Concello, no teléfono 981 511 002, extensión 6.

Co inicio destas actividades, o Concello do Pino pretende fomentar a actividade física e o benestar da veciñanza de todas as idades, ofrecendo unha programación completa e variada que combina diversión, aprendizaxe e hábitos saudables durante todo o curso escolar.

Os horarios e a normativa, así como os formularios de inscrición e o documento de pago poden consultarse e descargarse premendo neste enlace.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Programación deportiva municipal para o curso 2025-2026
A festa familiar O Papaventos enche de cor e de diversion a área recreativa da Magdalena »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés