Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino abre as inscricións para as actividades culturais do curso 2026-2027

Novas

16/09/2026
16 Set

As persoas adultas poderán participar en costura, bolillos e arte manual en Arca, así como en memoria e risoterapia nas parroquias ||

A oferta para menores inclúe costura creativa, aula aberta e ilustración dixital, deseño gráfico e intelixencia artificial, arte manual e a nova actividade de informática e mecanografía ||

Cartel actividades culturais 2026-27O Concello do Pino abre o prazo de inscrición nas actividades culturais do curso 2026-2027, cunha programación dirixida a persoas adultas e menores que se desenvolverá en Arca e nos locais sociais das parroquias. As inscricións poden formalizarse no Centro Sociocultural Luis Seoane, mentres que os formularios estarán dispoñibles na páxina web municipal, nesta ligazón.

No Centro Sociocultural Luis Seoane impartiranse os cursos de costura e bolillos para persoas adultas, con sesións de dúas horas semanais. En costura poderase escoller entre as quendas dos luns pola tarde, de 16.30 a 18.30 ou de 19.00 a 21.00 horas, e a dos martes pola mañá, de 10.30 a 12.30 h. O prezo será de 25 euros mensuais. As clases de bolillos desenvolveranse os mércores pola tarde, de 17.00 a 19.00 horas, cun custo de 35 euros ao mes.

A programación chegará tamén aos locais sociais das parroquias cos obradoiros de memoria e risoterapia, dúas propostas destinadas a favorecer o envellecemento activo, a convivencia e o benestar das persoas participantes. O prezo destas actividades será de 18 euros mensuais.

Unha novidade neste curso será arte manual, que se ofrece tanto para persoas adultas como para menores, cun prezo de 20 euros ao mes. Os horarios concretaranse unha vez definidos os grupos.

Para menores, ofértase tamén costura creativa os luns de 16.30 a 18.30 ou de 19.00 a 21.00 horas, por 25 euros ao mes. Nesta actividade, as persoas participantes poderán realizar creacións e estampados en diferentes pezas téxtiles.

A aula aberta acollerá propostas variadas, como contacontos e manualidades. O seu horario concretarase segundo o grupo e a cota será de 5 euros mensuais.

A oferta inclúe tamén a actividade de ilustración dixital, deseño gráfico e intelixencia artificial na aula TIC. O día e o horario estableceranse unha vez formado o grupo e a cota será de 24 euros ao mes.

Como novidade, as persoas menores poderán participar nunha actividade de informática e mecanografía. O horario concretarase segundo o grupo e o prezo será de 21 euros mensuais.

As persoas interesadas poden obter máis información no Centro Sociocultural Luis Seoane, no teléfono 981 511 065 e descargar as follas de inscrición na sección Xestións desta páxina web (neste enlace)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Actividades culturais para o curso 2026-2027
O Concello do Pino abre a inscrición para un curso de introdución á lingua e á cultura galegas »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés