O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino abre a piscina municipal de Lameiro o venres 1 de xullo

O Pino abre a piscina municipal de Lameiro o venres 1 de xullo

Novas

14-06-2022
14 Xuñ
  • O horario será de 12:00 a 20:00 horas todos os días da semana /
  • A entrada individual terá un custo de 3,60 euros diarios /
  • Hai abonos para toda a tempada de 6 e 12 euros para residentes e de 12,02 e 24,04 para non residentes /
  • Os cursos de natación impartiranse de luns a xoves só para abonados /

A tempada de verán no concello de O Pino inaugúrase o venres 1 de xullo coa apertura da piscina municipal de Lameiro, instalación que permanecerá aberta ata setembro todos os días da semana de 12:00 a 20:00 horas.

O prezo da entrada individual mantense respecto ao ano anterior e é de 3,60 euros por persoa e día, existindo a posibilidade de optar a abonos de tempada con prezos reducidos. Así, os nenos e nenas de 16 anos ou menos poderán acceder ás instalacións pagando un abono de 6 euros se están empadroados no municipio ou de 12,02 euros se residen noutro. Os adultos, pola súa parte, deberán pagar polo pase 12 ou 24,04 euros respectivamente.

Existe tamén a posibilidade de optar a un plan familiar cun custo de 21,03 euros para pais e nais cun só fillo ou filla e de 24,03 euros en casos de dous ou máis. Do mesmo xeito, aquelas persoas en disposición dun carné xove acreditado desfrutarán dun 25% de desconto.

Calquera dos bonos mencionados poderá ser retirado na Casa do Concello a partir do luns 20 de xuño entre as 10:00 e 14:00 horas.

Cursos de natación

Por outra banda, na piscina de Lameiro tamén se ofertarán cursos de natación de luns a xoves de 12.30 a 13.15 horas. As persoas interesadas en participar nestes cursos deberán estar aboadas á piscina e poderán optar a un máximo de dúas clases á semana.

O prezo das clases de natación para as persoas menores de 16 anos é de 3 euros ao mes, mentres que as de máis idade pagarán 9,01 euros. Os cursos comezarán coa apertura da piscina e desenvolveranse só durante os meses de xullo e agosto

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Representantes da provincia arxentina de Córdoba interésanse no Pino pola influencia do Camiño no territorio
Corenta maiores de O Pino foron ao balneario de Cuntis co programa Vai de Auga que remata hoxe »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego