Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino abre a inscrición para as actividades deportivas de escolares e adultos, que terán grupos reducidos

Novas

29/09/2020
29 Set

O Concello de O Pino abre mañá, 30 de setembro, o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas municipais (dirixidas aos escolares) e nas actividades deportivas para adultos, que se van desenvolver nos polideportivo de Reboredo (Arca) e Lameiro, e no centro sociocultural Luis Seoane. Debido a pandemia da covid-19, todas as persoas participantes terán que comprometerse a respectar e cumprir o protocolo municipal elaborado para previr a propagación da covid-19.

As actividades grupais desenvolveranse sempre en grupos reducidos, que serán de 12 persoas por clase, no caso das escolas deportivas municipais; de 25 nas actividades para adultos que se celebren nos polideportivos municipais, e de 10 persoas por grupo nas que se realicen na casa da cultura.

Tanto as escolas deportivas como as actividades para adultos desenvolveranse entre o 1 de outubro e o 31 de maio de 2021.

No caso das escolas deportivas o prezo anual da actividade é de 40 euros, que se deberán pagar no momento de facer a inscrición. Hai descontos establecidos no caso dun segundo irmán ou irmá e ou para os demais membros da unidade familiar (50%). Se un escolar participa en máis de dúas actividades, terá tamén un desconto do 50% na segunda e seguintes.

No caso de menores de 16 anos que non estean empadroados no Concello de O Pino, o prezo das escolas deportivas é de 60 euros anuais, aplicándose os mesmos descontos.

As actividades que se ofertan son atletismo, ximnasia rítmica, patinaxe artístico e de iniciación, fútbol sala e bádminton.

 

Actividades para adultos

No caso das actividades deportivas para adultos (maiores de 16 anos), o prezo é de 55 euros anuais por actividade (que tamén se aboará integramente coa inscrición). Hai un desconto do 50% a partir da primeira para quen se matricule en varias actividades.

No caso de persoas non empadroadas no Pino, a taxa é de 75 euros anuais, cos mesmos descontos.

Ximnasia de mantemento, ioga, running, GAP e circuíto de forma, aerobic/step, tenis, pilates e zumba son as disciplinas que este ano se poden practicar no Pino.

Fichas de inscrición, de pago e protocolo covid-19

Os documentos para anotarse (folla de inscrición, carga de pago, protocolo covid-19 e listado de actividades) pódese descargar nos seguintes enlaces,  e deberá presentarse cuberto no rexistro municipal de 10.00 a 14.00 horas.

Icon

Inscrición Escolas deportivas municipais 2020-21

1 file(s) 291.70 KB
Download
Icon

Inscrición actividades deportivas adultos 2020-21

1 file(s) 281.25 KB
Download
Icon

Documento de pago

1 file(s) 71.46 KB
Download
Icon

Programación actividades deportivas adultos 2020-21

1 file(s) 301.37 KB
Download
Icon

Programación escolas deportivas municipais 2020-21

1 file(s) 315.23 KB
Download
Icon

Protocolo actuación covid-19 actividades deportivas O Pino 2020-21

1 file(s) 394.30 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello de O Pino atende a petición da ANPA e mercará máscaras para todo o alumnado do CPI
O Pino rebaixa outro 10% o recibo do lixo e vai acondicionar o campo de fútbol de Lameiro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego