Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Publícase a listaxe de nenas e nenos admitidos na Escola de Verán 2023

Novas

20/06/2023
20 Xuñ

O programa de conciliación diríxese a menores entre 3 e 12 anos || Realizarase nas instalacións do pavillón municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago entre as 8.00 e as 15.00h || 

20 de xuño de 2023

O Concello de O Pino fai pública a listaxe de nenas e nenos admitidos na Escola de Verán 2023 e a cantidade a ingresar polas datas de asistencia solicitadas, que pode descargarse premendo neste enlace. Todas as solicitudes accederon á praza por cumprir os requisitos sinalados nas bases.

O pagamento das cotas deberá facerse mediante ingreso en conta bancaria (ABANCA ES70 2080 0337 1131 1000 0078), especificando o nome da persoa usuaria e as datas de asistencia. O xustificante de pago deberá ser entregado nas dependencias do Concello ou a través da sede electrónica na data límite do 23/06/2023.

Aqueles proxenitores que renuncien á praza adxudicada deberán comunicalo, ben mediante escrito presentado na sede electrónica, ben presencialmente no rexistro do Concello de O Pino ou ben en calquera dos lugares previstos na lei de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Icon

Listaxe de nenas e nenos admitidos na Escola de Verán 2023

1 file(s) 1.82 MB
Download

 

8 de xuño de 2023

Cartel da Escola de Verán 2023, o programa de conciliación para menores de 3 a 12 anos do Concello de O Pino

O Concello de O Pino abriu a inscrición na Escola de Verán, que na súa edición de 2023 oferta 90 prazas en xullo, 70 en agosto e 50 en xuño e setembro para cubrir as necesidades de conciliación das familias do municipio. O programa diríxese a nenas e nenos de 3 a 12 anos e realizarase en seis quendas entre o 22 de xuño e o 8 de setembro. O prazo para anotarse finaliza o 19 de xuño.

A Escola de Verán 2023 contempla un total de seis quendas, adaptadas ao calendario escolar: do 22 ao 30 de xuño, a primeira quincena de xullo, a do 17 ao 31 de xullo, do 1 ao 14 de agosto, a segunda quincena de agosto e, ao fin, do 1 ao 8 de setembro. A actividade realizarase no pavillón municipal de Reboredo e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago entre as 8.00 e as 15.00 horas, agás en días festivos, nos que non se ofertará o servizo.

O prezo da Escola de Verán é de 20 euros a quincena en xullo e agosto (40 € o mes completo) e de 10 euros as quendas de xuño e setembro. As familias numerosas terán un desconto do 20% a partir do segundo fillo, presentando o título de familia numerosa.

A data límite para inscribirse na Escola de Verán 2023 é o luns 19 de xuño. A solicitude de admisión realizarase mediante a ficha de inscrición, que pode descargarse nesta ligazón ou recollela nas dependencias municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas. Unha vez cumprimentada, a ficha de inscrición presentarase na sede electrónica para o seu rexistro ou no propio Concello, xunto coa instancia que tamén se pode descargar na web municipal neste enlace e co resto de documentación que sinalan as bases.

No caso de que as solicitudes superen a dispoñibilidade de prazas, primaranse os seguintes criterios: empadroamento (cun mínimo de 3 meses de antigüidade); o criterio técnico das profesionais dos Servizos Sociais, en situacións especiais; familias monoparentais e monomarentais e unidades familiares con cargas nos coidados; menores escolarizados no Concello do Pino; que o pai, nai ou titor legal traballe no termo municipal; e participantes que estean gozando das súas vacacións no Pino. Os solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha lista de agarda. No caso de que varios irmáns presenten a solicitude para a mesma quenda, a admisión dun deles suporá a admisión dos demais.

As cotas pagaranse unha vez que se saiba que o solicitante conta con praza, logo da publicación das listaxes de persoas admitidas no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello. Nesta lista figurará a cantidade a abonar, xunto ás datas de asistencia. Unha vez efectuado o pago en ABANCA ES70 2080 0337 1131 1000 0078, presentarase o xustificante ben nas dependencias do Concello ou ben a través da sede electrónica antes do 23 de xuño.

Icon

Bases da Escola de Verán 2023

1 file(s) 159.66 KB
Download
Icon

Ficha de inscrición da Escola de Verán 2023

1 file(s) 1.31 MB
Download
Icon

Instancia Escola de Verán 2023

1 file(s) 77.54 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Manuel Taboada inicia a súa sétima lexislatura consecutiva como alcalde de O Pino con maioría absoluta
Maiores do Pino comezan a manexar o ordenador e o móbil no curso de informática do Concello »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés