Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Admitidas todas as solicitudes presentadas para participar en ‘Viaxando coa cativada’

Novas

07/07/2026
7 Xul

O programa ofrecerá oito saídas gratuítas entre os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos || As solicitudes poden presentarse ata o 3 de xullo e as actividades desenvolveranse todos os mércores do verán ||

Cartel Viaxando coa cativada 2026

7-7-2026

O Concello do Pino admitiu todas as solicitudes presentadas para participar na edición de 2026 do programa de conciliación Viaxando coa cativada, que arranca mañá, mércores 8 de xullo, e conta con oito saídas programadas.

O listado de admitidos e admitidas pode consultarse premendo nesta ligazón, ou desde a sección Xestións – Actividades desta páxina web.

Icon

Resolución: solicitudes admitidas en Viaxando coa cativada 2026

1 file(s) 616.34 KB
Download

11-6-2026

O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición de Viaxando coa cativada, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares ao tempo que ofrece á rapazada actividades de lecer educativo fóra do municipio.

O programa está destinado a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e desenvolverase ao longo dos meses de xullo e agosto mediante oito saídas programadas os mércores. As propostas inclúen actividades de aventura, visitas a espazos naturais, xornadas recreativas e deportivas na praia e experiencias relacionadas coa divulgación científica.

Cada unha das excursións contará cun máximo de 50 participantes e será necesario un mínimo de dez inscricións para a súa realización. Co obxectivo de que o maior número posible de menores poida beneficiarse da iniciativa, cada participante poderá asistir unha única vez a cada destino, indicando as súas preferencias no momento da inscrición. Só poderán repetir destino excepcionalmente se quedan prazas libres.

Terán prioridade as crianzas que participen nalgunha das quendas da Escola de Verán ou noutros programas municipais de conciliación desenvolvidos durante este ano, así como as persoas empadroadas no Concello do Pino.

As saídas realizaranse os días 8, 15, 22 e 29 de xullo e os días 5, 12, 19 e 26 de agosto. En todos os casos, a concentración será ás 10.00 horas diante do CPI Camiño de Santiago, desde onde partirán os grupos participantes.

A actividade é totalmente gratuíta. As familias interesadas poden presentar a súa solicitude ata o 3 de xullo empregando o formulario dispoñible no apartado de xestións da web municipal ou recolléndoo nas oficinas do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Viaxando coa cativada fai  parte das accións impulsadas polo Concello do Pino para apoiar as familias durante os períodos non lectivos e ofrecer alternativas de ocio educativo á infancia.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Concurso de Murais Concello do Pino 2026
O Concello do Pino abre a venda de entradas para o xantar popular da XXV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego