O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino abre a inscrición do campamento de conciliación Lecer Semana Santa 2023

O Pino abre a inscrición do campamento de conciliación Lecer Semana Santa 2023

Novas

15-03-2023
15 Mar

O programa cobre as necesidades de conciliación das familias con menores de 3 a 12 anos // Desenvolverase en catro sesións, os días 3, 4, 5 e 10 de abril // Ten un custo de 10 euros e descontos para familias numerosas a partir do segundo menor inscrito // O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de marzo //

Cartel de Lecer Semana Santa 2023O Concello de O Pino abre hoxe o prazo de solicitude para participar no Lecer Semana Santa 2023, o campamento urbano destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos para favorecer a conciliación durante as vacacións escolares. As actividades desenvolveranse no pavillón municipal e exteriores do CPI Camiño de Santiago en catro sesións: os días 3, 4, 5 e 10 de abril. O horario vai das 8.30 ás 14.30 h, podendo efectuarse a recollida das rapazas e rapaces a partir das 13.30 horas. O programa ten un custo de 10 euros, se ben hai descontos para familias numerosas a partir do segundo menor inscrito.

O Lecer Semana Santa 2023 ofrece 50 prazas para aquelas familias do municipio con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar. Para que o programa se leve a cabo deberá haber un número mínimo de solicitudes. De superarse a oferta existente, terán preferencia, por esta orde, os menores empadroados no Concello de O Pino, aqueles en situacións especiais (segundo o criterio técnico das profesionais dos Servizos Sociais), as familias monoparentais, os menores escolarizados nun centro educativo do concello, aqueles con titores que traballan no termo municipal e, por último, quen estea a gozar de vacacións no Pino.

As familias interesadas en participar deberán presentar o formulario de inscrición cuberto a partir do mércores 15 de marzo e antes do luns 27 de marzo. A solicitude pode recollerse nas dependencias do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou ben descargarse nesta mesma páxina web.

O custo de Lecer Semana Santa é de 10 euros polos catro días de actividades e as familias numerosas gozarán dun desconto do 20% a partir do segundo menor inscrito. O pagamento efectuarase unha vez que as familias comproben que foron admitidas ao publicarse as listaxes.

As bases, o formulario de inscrición e a instancia que debe acompañar a solicitude poden consultarse nos arquivos adxuntos.

Icon

Bases da inscrición en Lecer Semana Santa 2023

1 file(s) 1.40 MB
Download
Icon

Ficha de inscrición: Lecer Semana Santa 2023

1 file(s) 1.31 MB
Download
Icon

Instancia Lecer Semana Santa 2023

1 file(s) 78.21 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Medio Rural inicia a consulta pública para a concentración parcelaria dos montes de Arca e Pereira
A Galiña Azul abre o prazo de solicitudes e renovación de praza ata o 5 de abril para o curso 23/24 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego