Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino abre ata o luns 3 de marzo a inscrición no campamento Concilia Carnaval 2025

Novas

26/02/2025
26 Feb

Prestará atención á cativada de entre 3 e 12 anos de 8.00 a 15.00 horas  ||  

Desenvolverase os días 3, 4 e 5 de marzo  ||  

O prezo é de 8 euros con descontos para familias monoparentais e numerosas  ||

O pagamento, xunto coa inscrición, debe facerse antes do 3 de marzo  ||   

 

O Concello do Pino abre o prazo de solicitude para participar no programa Concilia Carnaval 2025, o campamento urbano destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos para favorecer a conciliación durante as vacacións escolares. As actividades desenvolveranse no pavillón municipal e exteriores do CPI Camiño de Santiago en tres sesións: os días 3, 4 e 5 de marzo. O horario vai dende as 8.00 ás 15.00 h, podendo efectuarse a recollida das rapazas e rapaces a partir das 13.30 horas. O programa ten un custo de 8 euros, se ben hai descontos para familias monoparentais e numerosas.

O Concilia Carnaval 2025 ofrece 50 prazas para aquelas familias do municipio con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar. Para que o programa se leve a cabo deberá haber un número mínimo de solicitudes. De superarse a oferta existente, terán preferencia, por esta orde, os menores empadroados no Concello do Pino, aqueles en situacións especiais (segundo o criterio técnico das profesionais dos Servizos Sociais), as familias monoparentais, os menores escolarizados nun centro educativo do concello, aqueles con titores que traballan no termo municipal e, por último, quen estea a gozar de vacacións no Pino.

As familias interesadas en participar deberán presentar o formulario de inscrición debidamente cuberto. A solicitude pode recollerse nas dependencias do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou ben descargarse nesta mesma páxina web.

A data límite de inscrición e o pago é o luns, 3 de marzo de 2025 e deberá entregarse tanto a inscrición como o xustificante de pago no rexistro municipal ou na sede electrónica do Concello do Pino.

O custo de Concilia Carnaval polos tres días de actividades é de 8 euros, prezo sobre o que se aplicará un 20% de desconto para as familias monoparentais e tamén para as familias numerosas a partir do segundo menor inscrito.

As bases co formulario de inscrición poden consultarse na páxina web municipal (neste enlace).

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Concilia Carnaval 2025: Formulario de inscrición e bases
‘O patio da corentena’ e ‘Artista coleccionista’ premios ao disfrace máis orixinal e de grupo no Entroido do Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés