Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino abre a inscrición das actividades culturais para persoas adultas e menores

Cultura· Novas

15/09/2025
15 Set

A oferta para menores incorpora este ano ilustración dixital, deseño gráfico e IA, ademais de cultura creativa e aula aberta  ||  

Mantéñense os obradoiros de memoria e de risoterapia nos locais sociais, así como bolillos e costura na casa da cultura para persoas adultas  ||  

 

 

O Concello do Pino incorpora este ano a ilustración dixital e deseño gráfico para menores de idade na oferta das actividades de lecer e culturais que se desenvolverán durante o presente curso académico tanto para escolares como para persoas adultas. As inscricións poden facerse no centro sociocultural Luis Seoane ou chamando ao teléfono 981 511 065. Os formularios de inscrición poderán descargarse dende este enlace.

Este curso mantéñense no centro sociocultural Luis Seoane (casa da cultura) os obradoiros de bolillos e costura, con sesións de 2 horas semanais para maiores de 6 anos. En costura pódese elixir entre quenda de tarde dos luns (de 16.30 a 18.30 ou de 19.00 a 21.00 horas) ou a de mañá dos martes (10.30 a 12.30 horas) por 25 euros mensuais. No caso de bolillos, as clases serán os mércores de 16.30 a 18.30 horas, cun custo de 35 euros mensuais.

As persoas interesadas poderán así mesmo poñerse ao día coas novas tecnoloxías nos cursos de informática, nos que poderán aprender a realizar os trámites administrativos máis habituais como pedir citas médicas, solicitar o permiso para unha queima, así como facer un documento ou enviar un correo. Estes cursos poderanse facer de mañá ou de tarde, segundo lles veña mellor ás persoas usuarias. O prezo é de 24 euros mensuais.

Para facilitar a participación de toda a veciñanza, nos locais sociais das parroquias ofértanse dúas actividades que tiveron grande aceptación nos últimos anos, como son os talleres de memoria e de risoterapia (18 euros/mes), que contribúen a fomentar as habilidades cognitivas e sociais ou reducir o estrés para impulsar un envellecemento activo.

Os nenos e nenas que acudan a costura creativa poderán facer estampados de bolsas (totes bags), camisetas ou suadoiros por 25 €/mes os luns pola tarde (de 16.30 a 18.30 ou de 19.00 a 21.00 horas). Tamén poden acudir a aula aberta, na biblioteca, os sábados de 10.30 a 12.30 horas (5 €/mes). Trátase espazo pensado para realizar actividades variadas como contacontos ou manualidades. Na aula TIC ofertase cursos de ilustración dixital, deseño gráfico ou intelixencia artificial (24 €/mes) en día e hora que se definirá cando se forme o grupo.

Formularios de inscrición neste enlace.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Actividades ocio culturais para o curso 2025-2026
Ana María Santiso e Andrés Cendán gañan a XX Carreira Popular do Pino, que contou con máis de 380 atletas inscritos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego