Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

‘O patio da corentena’ e ‘Artista coleccionista’ premios ao disfrace máis orixinal e de grupo no Entroido do Pino

Novas

03/03/2025
3 Mar

A Asociación veciñal A Carballeira de Chaián volve triunfar en comparsa e carroza coa súa proposta para conquistar a galaxia  ||  

A ‘Diosa da neve’ e ‘Hi-Hada’, gañan en individual e ‘As madamas’ en parella nun colorido desfile  ||  

A música do grupo local JB Sons animou a festa  ||  

Artista coleccionista e cuadros para alegrar a vista, gañador na categoría de grupo

 

Moita imaxinación e propostas moi elaboradas as que se viron este domingo 2 de marzo no concurso de disfraces de Entroido que organizou o Concello do Pino. Dúas das propostas máis aplaudidas foron as presentadas pola cativada. O patio da corentena, que incluíu os aplausos das oito da tarde na súa coreografía, levou o premio ao disfrace máis orixinal; e o Artista coleccionista e cuadros para alegrar a vista impúxose na categoría de grupo cunha colorida colección que o pintor acabou vendendo sobre o escenario.

O patio da corentena, foi a proposta máis orixinal

 

A participación máis numerosas no desfile do Entroido do Pino chegou dende Trazo. A Asociación veciñal A Carballeira, de Chaián, volveu levar o primeiro premio na categoría de comparsas e carrozas coa súa proposta para conquistar a galaxia (o ano pasado gañaron coa súa representación das Festas do Apóstolo dos anos 60). A Chaianasa explora a galaxia é o nome da comparsa que conta cun nutrido grupo de astronautas que acompañan á carroza O planeta Chaintra 25, que inclúe na súa posta en escena un vehículo espacial tripulado e o lanzamento dun foguete, que sorprendeu ao público presente na Praza do Concello do Pino.

A Asociación de Veciños A Carballeira de Chaián gañou en carrozas (‘A Chaianasa explora a galaxia’) e comparsas (‘O planeata Chaintra 25’)

 

Pero sobre o escenario do Pino desfilaron onte elaborados e coloridos disfraces que fixeron rir ao público presente e que levaron moitos aplausos. Foi o caso das dúas gañadoras da categoría infantil, que coincidiron na neve e no frío como temática. A diosa da neve e Xi-Hada levaron o primeiro premio cuns disfraces que sorprenderon o xurado pola minuciosidade e complexa elaboración. O segundo premio na categoría infantil foi para Martiano. En total, o Concello do Pino repartiu 2.300 euros en premios.

Coloridos e divertidos foron tamén os disfraces das Madamas e a súa coreografía, que arrancou moitos aplausos entre o público, nunha tarde na que non faltou a música. O grupo local JB Son encargouse de animar a festa e, como non podía ser doutro xeito, tocaron por primeira vez no Pino e non dubidaron en subirse ao escenario disfrazados de Brancaneves e os seus ananos e ananas.

O alcalde, Manuel Taboada; a concelleira de Cultura, Eva Varela, e membros do equipo de goberno local entregáronlle os premios aos gañadores e gañadoras.

A diosa da neve, gañadora infantil

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino abre ata o luns 3 de marzo a inscrición no campamento Concilia Carnaval 2025
O Pino reivindica no 8M a igualdade de dereitos e oportunidades nunha sociedade máis xusta »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés