Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O CPI Camiño de Santiago logra cinco podios na fase zonal de cros escolar celebrado na Madalena

Novas

02/12/2023
2 Dec

A nivel individual, Xoel Otero Rial foi o gañador da categoría infantil e Martín Pazos Sánchez quedou segundo na de benxamín  ||  

A proba xuntou a 1.400 nenos e nenas da comarca de Santiago  ||  

O alcalde e concelleiros do goberno entregaron as medallas e trofeos no campionato organizado por Xogade e a Federación Galega de Atletismo en colaboración co Concello  ||

Algúns dos 135 deportistas de O Pino coa concelleira Eva Varela (esquerda), o edil Borja Castro (segundo deireita en primeira fila) e o técnico municipal e presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartin (primeiro dereita)

O CPI Camiño de Santiago, de Arca, conseguiu onte cinco podios por equipos na fase zonal do campionato de campo a través organizado por Xogade (Xunta de Galicia) en colaboración coa Federación Galega de Atletismo. Preto de 1.400 nenos e nenas das categorías dende alevín ata cadete participaron nas probas disputadas na área recreativa da Madalena, coa colaboración do Concello do Pino. O alcalde, Manuel Taboada, e concelleiros do equipo de goberno entregaron as medallas e trofeos aos gañadores.

Xoel Otero Rial foi o gañador da categoría infantil

Os mellores atletas do Pino foron Xoel Otero Rial e Martín Pazos Sánchez. Xoel foi o gañador da proba infantil masculina, que se disputou sobre unha distancia de 1.500 metros. Martín Pazos quedou segundo na carreira benxamín masculina.

A participación de 135 atletas do Pino facilitou que na clasificación por equipos, o CPI Camiño de Santiago subise cinco veces ao podio. Os equipo dos colexio de Arca foron segundos nas categorías benxamín e cadete feminina, e terceiros nas categorías benxamín, infantil e cadete masculina.

Durante toda a mañá, 1.400 nenos e nenas procedentes de colexios da comarca de Santiago estiveron participando nas diferentes probas organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a través do programa Xogade, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e co Concello do Pino. Estas probas, ademais, son clasificatorias para o campionato provincial, que se celebrará o vindeiro mes de marzo de 2024 en Porto do Son.

O alcalde, Manuel Taboada, e os concelleiros Borja Castro, Eva Varela e José Manuel Carreira entregáronlle as medallas e os trofeos ás e aos atletas e equipos gañadores.

As clasificacións desta proba pódense consultar na páxina web da Federación Galega de Atletismo, neste enlace (preme aquí)

Martín Pazos Sánchez quedou segundo na categoría benxamín

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino aproba un presuposto de 4,9 millóns para 2024 que destina un millón a investimento
O Pino organiza o día 15 a primeira Festa da Xuventude coas orquestras París de Noia e Trebol »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés