O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Concello pídelle a á xuventude que acuda esta tarde en Arca ao cribado da covid-19

O Concello pídelle a á xuventude que acuda esta tarde en Arca ao cribado da covid-19

Novas

31-08-2021
31 Ago
  • O Sergas citará por SMS a 244 mozas e mozos de 16 a 24 anos  ||     

  • As probas realizaranse no centro de saúde de Arca de 16.00 a 20.00 horas  ||  

  • A incidencia está aumentando neste sector de poboación  ||  

O acalde de O Pino, Manuel Taboada, fai un chamamento á xuventude do municipio para todas as persoas convocadas acudan a realizar as probas de cribado da covid-19 que se van realizar no centro de saúde de Arca entre as catro e as oito desta tarde.

A xerencia da Área Sanitaria de Santiago púxose en contacto co Concello para informar de que se van convocar 244 mozas e mozos de 16 ata 24 anos para realizar probas de detección de coronavirus. O Sergas detectou que a incidencia entre este sector da poboación estase incrementando nos últimos días e, con estas probas “quérese evitar que se contaxien os xoves e, tamén, que as persoas maiores que viven con eles  se volvan infectar”, explica o alcalde Manuel Taboada.

O Sergas enviará un SMS cun código QR a 244 mozas e mozos de entre 16 e 14 anos para que acudan hoxe ao centro de saúde de Arca, entre as 16.00 e as 20.00 horas, onde se realizarán probas para detectar a presenza de coronavirus.

Nos cribados que se están a facer noutras localidades galegas entre a xuventude, o índice de participación é moi baixo, cunha asistencia que ronda de media só a metade das persoas convocadas. O alcalde agarda que a xuventude do Pino sexa responsable “e acuda en masa ao chamamento para facer as probas, polo ben tanto das propias persoas convocadas como das que conviven con elas na casa”.

 

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Escola de Verán entra na súa última quenda con 45 rapaces e rapazas inscritos
Abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa de termalismo do Imserso para pensionistas »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés