O autobús sairá ás 9.30 horas de diante do CPI Camiño de Santiago e realizará antes paradas en Gonzar, Lardeiros e Ferreiros || As prazas son limitadas e as inscricións poden formalizarse no Centro Sociocultural Luis Seoane ||

O Concello do Pino organiza para o xoves 1 de outubro unha excursión a Barcelos, en Portugal, para visitar a súa coñecida feira tradicional.
A saída desde Arca está prevista para as 9.30 horas diante do CPI Camiño de Santiago. Previamente, o autobús recollerá participantes en Gonzar, ás 8.30 horas, e realizará tamén paradas en Lardeiros e Ferreiros.
O prezo da viaxe é de 10 euros, que deberán aboarse anticipadamente na conta do Concello (ES70 2080 0337 1131 1000 0078). O xantar terá un custo de 31 euros e pagarase directamente no restaurante.
As prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información no Centro Sociocultural Luis Seoane, a través do teléfono 981 511 065.

