Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino recibe a Melchor, Gaspar e Baltasar cunha ampla programación e o debut do Festival Sons de Reis

Cultura· Novas

03/01/2025
3 Xan

As Súas Maxestades de Oriente percorrerán as parroquias do municipio dende as 10:45 horas || 

O amplo itinerario completarase ás 18:30 horas no campo de festas de Cebreiro || 

A festa trasladarase despois ao polideportivo de Reboredo onde terá lugar a recepción oficial e a entrega de premios con animación e unha chocolatada ||

A xornada rematará coa estrea do evento musical a partir das 20:00 horas ||

Este domingo, 5 de xaneiro, o Concello do Pino acollerá unha das xornadas máis esperadas do Nadal coa tradicional visita dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as parroquias do municipio, enchendo de ilusión e maxia todos os recunchos antes de culminar o día cunha recepción oficial no polideportivo municipal de Reboredo. Ademais, este ano conta cunha gran novidade: a primeira edición do Festival Sons de Reis, unha proposta musical destinada a complementar este día tan especial e a converterse nun referente nas futuras celebracións.

O percorrido das Súas Maxestades dará comezo ás 10:45 horas no campo de festas de Pereira e continuará por Santiso (Castrofeito), Gonzar, Medín, Pastor, San Breixo e o resto das parroquias do municipio. Este amplo itinerario está pensado para que nenos e nenas de todas as parroquias poidan achegarse a saudar aos Reis, conversar con eles e entregarlles as súas cartas. O percorrido rematará ás 18:30 horas no campo de festas de Cebreiro, asegurando que toda a veciñanza teña a oportunidade de participar.

A partir das 19:30 horas, a atención trasladarase ao polideportivo municipal de Reboredo, onde terá lugar a recepción oficial. Este acto contará cunha completa programación que inclúe música en directo, animación, inchables para os máis pequenos e a entrega de premios do Concurso de Postais e do I Concurso de Decoración do Nadal.

Ademais, todas as persoas asistentes poderán gozar dun ambiente acolledor con chocolate quente, churros e roscón, que se ofrecerán de forma gratuíta para celebrar a ocasión.

A xornada rematará coa celebración do Festival Sons de Reis, unha iniciativa que se estrea este ano e que promete converterse nunha referencia na programación de Nadal do Pino. O evento musical, que se desenvolverá nunha carpa climatizada xunto á Casa da Cultura, incluirá as actuacións de DJ Rokiño, Grupo Nueva Fuerza e DJ Toni Salvaje, a partir das 20:00 horas e ata a madrugada.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino destina 119.000 euros do POS+ de gasto social a reforzar o servizo de axuda a domicilio
Dolores Botana Gil e a ANPA da Galiña Azul gañan o I Concurso de Decoración do Nadal »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego