Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello promove a obra e a figura de Luis Seoane entre o alumnado do CPI co proxecto ‘Encontros con Seoane, o artista do Pino’

Novas

31/10/2024
31 Out

Na clase de Plástica traballarase durante o curso sobre o estilo do artista e animarase ao alumnado a debuxar reinterpretacións das súas obras  ||  

Unha exposición recollerá estes debuxos para que sexan os propios adolescentes os que elixan o mellor cadro  ||  

A obra gañadora pasará a formar parte dunha exposición permanente  ||  

O obxectivo é dar a coñecer entre a veciñanza a prolífica obra artística do Fillo Predilecto do Pino  ||  

 

 

 

A Concellería de Educación e Cultura do Pino quere dar a coñecer entre a veciñanza a figura e a obra de Luis Seoane, nomeado Fillo Predilecto do Pino en 2008. Con este obxectivo puxo en marcha este mes de outubro no CPI Camiño de Santiago o proxecto Encontros con Seoane, o artista do Pino, para que o alumnado de 1º da ESO estudie as obras deste prolífico artista e se anime a pintar cadros inspirados no seu traballo ou que sexan unha reinterpretación dos mesmos.

O técnico de turismo Alberte Villamarín deulles unha charla aos escolares de primeiro da ESO para que coñeceran máis da vida e obra deste galeguista. Luis Seoane naceu en Bos Aires en 1910 e morreu na Coruña en 1979, pero pasou boa parte da súa infancia e xuventude en Arca, parroquia na que nacera súa nai e na que a familia chegou a construír unha casa.

Editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor, Luis Seoane foi nomeado Fillo Predilecto do Pino por unanimidade da Corporación no pleno do 27 de marzo de 2008. O acto oficial de nomeamento celebrouse o 31 de maio dese mesmo ano e, dende entón, o centro sociocultural de Arca leva o seu nome. Considerado un dos mais grandes artistas plásticos galegos de todos os tempos, a obra de Luis Seoane é de tendencia expresionista próxima á abstracción.

Ademais da súa traxectoria vital, na charla ao alumnado da ESO, o técnico de turismo amosoulles algunhas das obras de Luis Seoane e invitounos a debuxar durante o curso obras que poidan estar inspiradas nos seus cadros ou facer reinterpretacións dos mesmos.

A colaboración entre Concello e CPI Camiño de Santiago permitirá que nas clases de Educación Plástica e Visual se traballe ao longo do curso sobre Seoane e a súas técnicas de debuxo. O profesorado animará a nenos e nenas a debuxar e a participar no concurso que se organizar a finais de cada curso escolar.

Será o propio alumnado quen escolla a obra gañadora deste concurso, que pasará a formar parte dunha exposición permanente do Concello, para ir incrementándoa ano a ano. Ademais, a obra gañadora será reproducida polo propio alumnado nun mural e publicada na revista municipal Faísca. Uns recoñecementos que axudarán non só a difundir a obra de Luis Seoane, senón tamén a dar a coñecer novos talentos das artes plásticas do Pino.

A exposición cos traballos dos escolares do Pino poderá verse no centro sociocultural Luis Seoane, que está moi preto do CPI Camiño de Santiago e que, ademais, acolle a oficina de turismo, a biblioteca e o auditorio municipal.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino estrea o programa ‘Outono Teatral’ para achegar o teatro á veciñanza
O Pino abre ata o 2 de decembro o concurso de postais de Nadal para escolares do municipio »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés