Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino promove a igualdade coas ‘Xornadas familiares de corresponsabilidade’

Novas

19/09/2024
19 Set

A cita desenvolverase na tarde do sábado 28 e na mañá do domingo 29 de setembro ||

As inscricións deberán realizarse presencialmente na Casa do Concello ata o 27 de setembro ||

O Concello do Pino celebra as Xornadas familiares de corresponsabilidade os días 28 e 29 de setembro. Esta iniciativa forma parte do proxecto Escola de homes e familia, unha proposta financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables. O seu obxectivo é fomentar e promover a igualdade de xénero e crear espazos onde as familias poidan reflexionar e practicar a repartición equitativa das tarefas domésticas e dos tempos de coidado.

Estas xornadas, que se desenvolverán ao longo de dous días, ofrecerán un programa variado de actividades orientadas tanto ao lecer como á aprendizaxe e á reflexión sobre a importancia de compartir responsabilidades non fogar. A programación está deseñada para que toda a familia poida participar e divertirse, á vez que se crea un espazo de sensibilización.

O sábado 28 de setembro as actividades comezarán ás 16:30 horas cunha xincana corresponsable e familiar, onde as persoas participantes deberán colaborar en diferentes probas, traballando en equipo e apoiándose mutuamente. A xornada continuará cunha actuación musical, a partir das 18:00 horas, a coa apertura do parque de inchables dende as 18:30 horas.

O domingo 29 de setembro a xornada comezará ás 10:00 horas cun doce almorzo de chocolate con churros, ofrecendo ás familias un momento para compartir e socializar. A continuación, ás 11:00 horas, organizase unha saída micolóxica, na que os asistentes poderán explorar a natureza e aprender sobre as variedades de setas da zona, fomentando así a actividade física en familia e o respecto polo medio ambiente. A cita concluirá ás 13:00 horas coa volta de recollida e unha degustación dos produtos atopados, xerando un espazo de convivencia.

As inscricións para participar nas Xornadas familiares de corresponsabilidade deberán realizarse presencialmente na Casa do Concello ata o 27 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Para aquelas persoas que necesiten máis información, o Concello pon a súa disposición o teléfono 981 511 002.

O formulario pode descargase no documento adxunto.

Icon

Inscrición Xornadas Familiares Corresponsabilidade

1 file(s) 222.96 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A terceira Festa da Familia Papaventos encheu este sábado a área recreativa da Madalena
O Pino invita a percorrer o Camiño Miñoto Ribeiro a través do programa Camiña e Descubre »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés