Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino prolonga a festa da véspera de Reis cun festival de música para a mocidade

Unha carpa climatizada acollerá ata as dúas da mañá as actuacións do DJ Rokiño, do grupo Nueva Fuerza e do artista local DJ Toni Salvaje //  As Súas Maxestades iniciarán en Pereira o seu percorrido polas parroquias ás 10.45 horas //
A cativada contará con inchables no pavillón de Reboredo mentres agarda a chegada da comitiva real //

O Concello do Pino recibirá os Reis Magos o 5 de xaneiro cunha gran festa que incluirá, ademais do tradicional percorrido polas parroquias e a celebración para as familias no pavillón de Reboredo, unha sesión de música dirixida á mocidade que comezará ás oito da tarde e se prolongará ata a madrugada.
Sons de Reis é o nome do festival de música que o Concello do Pino dedicará á xente nova. Unha carpa climatizada instalada a carón da Casa da Cultura acollerá a partir das 20.00 horas as actuacións do DJ Rokiño, do grupo Nueva Fuerza e do artista local DJ Toni Salvaje. Cada un deles fará dúas sesións de unha hora para levar a festa ata as dúas da mañá na noite máis máxica do ano.
A véspera de Reis, que nesta ocasión cae en domingo, será tamén no Pino un día de alegría e ilusión para o público miúdo. As Súas Maxestades de Oriente iniciarán o seu tradicional itinerario por todo o municipio cunha primeira parada en Pereira ás 10.45 e pasarán ao longo do día por Castrofeito (11.10h.), Budiño (11.35h.), O Pino (12.00h.), Gonzar (12.20h.), Medín (13.00h.), Pastor (13.30h.), Lardeiros (13.50h.), San Breixo (17.30h.), San Mamede (17.45h.), San Miguel de Cerceda (18.05h.) e Cebreiro (18.30h.). Rematado o percorrido, os Reis saudarán e recollerán unha vez máis as peticións de toda a cativada no pavillón de Reboredo a partir das 19.30 horas.
O polideportivo terá abertas as súas portas dende as 17.30 horas con inchables gratuítos. O tempo de espera ata a chegada da comitiva real aproveitarase ademais para realizar o acto de entrega dos premios do concurso das postais de Nadal. A festa familiar rematará coa tradicional chocolatada, acompañada como non podía ser doutro xeito de roscón de Reis.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés