Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino organiza oito excursións gratuítas para a rapazada ao longo do verán

Novas

05/07/2024
5 Xul

 

  • O programa Conciliamos Viaxando está dirixido a escolares de entre 6 e 12 anos //

  • Os participantes poderán gozar de ata catro destinos diferentes //

O Concello do Pino pon en marcha Conciliamos Viaxando coa cativada do Pino, o programa co que a rapazada poderá desfrutar gratuitamente de diversas saídas durante o verán co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e laboral no período das vacacións escolares.

O programa, dirixido ás nenas e aos nenos de entre 6 e 12 anos, consta dun total de oito excursións, que se levarán a cabo noutros tantos mércores dos meses de xullo, agosto e setembro. Terá preferencia a rapazada inscrita nalgunha das quendas do Lecer Verán así como a empadroada no Concello do Pino. Ademais, e co obxecto de que poidan gozar desta actividade o maior número de menores, os participantes non poderán repetir destino.

Estes destinos, aínda por concretar, serán un total de catro: a unha praia, a un parque de aventuras, a un espazo natural e a un acuario e un planetario.

As inscricións realizaranse ata o luns 15 de xullo cubrindo a formulario que se pode descargar na web do Pino ou recollelo de xeito presencial nas oficinas municipais de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas. No caso de que as solicitudes superen o número de 50 prazas dispoñibles, adxudicaranse por orde de inscrición en igualdade de condicións.

Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables.

As condicións do programa así como o formulario de inscrición poden descargarse nos arquivos adxuntos.

Icon

Formulario de inscrición no programa Conciliamos viaxando coa cativada do Pino

1 file(s) 20.52 KB
Download
Icon

Bases do programa Conciliamos viaxando coa cativada do Pino

1 file(s) 451.11 KB
Download

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino lanza o Vai de praia 2024 coa primeira saída a Boiro o mércores 3 de xullo
O Pino celebra o sábado 13 a Xuntanza dos Maiores e invita á veciñanza de 60 ou máis anos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego