Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino amplía a participación no I Torneo de Fútbol Sala e habilita a inscrición por sede electrónica

Novas

10/06/2026
10 Xuñ
  • A inscrición é gratuíta e poderá realizarse ata o 22 de xuño na Área de Deportes do Concello ||

 

O Concello do Pino continúa coa organización do I Torneo de Fútbol Sala Concello do Pino, unha nova cita deportiva que se celebrará os días 26 e 27 de xuño nos pavillóns municipais de Reboredo e Lameiro e que introduce algunhas modificacións nas súas bases co obxectivo de facilitar a participación e mellorar o desenvolvemento da competición.

Entre as principais novidades destaca a ampliación da idade mínima para participar, que pasa a situarse nos 14 anos cumpridos, permitindo así que máis mozos e mozas poidan formar parte desta primeira edición. Os equipos deberán estar integrados por un mínimo de 7 xogadores e un máximo de 12.

Outra das modificacións afecta ao formato de xogo. Os encontros disputaranse nunha única parte de 25 minutos a tempo corrido, e cada equipo poderá solicitar un tempo morto dun minuto por partido.

Ademais, o Concello habilita unha nova vía para formalizar as inscricións. As persoas interesadas poderán anotarse ata o 22 de xuño, tanto de forma presencial na Área de Deportes do Concello do Pino como a través da sede electrónica municipal.

A participación continúa sendo totalmente gratuíta e o torneo manterá un límite máximo de 12 equipos, que serán admitidos por orde de inscrición.

Con esta iniciativa, o Concello do Pino busca promover a práctica deportiva, fomentar hábitos de vida saudables e ofrecer unha alternativa de lecer activa para a mocidade e a veciñanza, convertendo esta competición nun punto de encontro para os afeccionados ao fútbol sala do municipio e da comarca.

As bases actualizadas e o formulario de inscrición están dispoñibles no documento adxunto.

20260610_Regulamento_Torneo_do_Pino (actualizado)

 

5-6-2026

O Concello do Pino pon en marcha o I Torneo de Fútbol Sala do Concello do Pino, unha nova cita deportiva destinada a fomentar a práctica do deporte, a convivencia e a participación entre afeccionados ao fútbol sala. A competición celebrarase os días 26 e 27 de xuño nos pavillóns municipais de Reboredo e Lameiro.

O torneo, dirixido a persoas maiores de 18 anos, arrancará na tarde do venres 26 e prolongarase ao longo do sábado 27, reunindo equipos procedentes do municipio e da contorna nunha fin de semana marcada pola competición e o ambiente deportivo.

A participación será totalmente gratuíta e os equipos deberán estar formados por un mínimo de 7 xogadores e un máximo de 12. Ademais, establécese un límite de 12 equipos participantes, polo que as prazas se cubrirán por orde de inscrición.

Os encontros disputaranse en formato de dous tempos de vinte minutos, e o torneo contará cunha primeira fase de grupos e unha fase final para decidir os equipos campións.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde hoxe, venres 5 de xuño, ata o luns 22 de xuño, e deberá formalizarse presencialmente na Área de Deportes do Concello do Pino.

Desde o Concello do Pino animan á veciñanza e aos afeccionados ao fútbol sala a sumarse a esta primeira edición, que pretende converterse nunha cita fixa dentro da programación deportiva municipal e nun punto de encontro para compartir deporte, compañeirismo e diversión.

Consulta as bases e descarga o formulario de inscrición no documento adxunto.

20260605_Bases_Folla_de_inscricion_I_Torneo_Futbol_Sala_O_Pino

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Viaxando coa cativada 2026
Vai de Praia 2026 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés