Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino estrea o programa ‘Outono Teatral’ para achegar o teatro á veciñanza

Novas

30/10/2024
30 Out

O obxectivo da nova proposta cultural é fomentar o interese polas artes escénicas no municipio ||

Esta iniciativa está dirixida ao público a partir de 15 anos ||

A casa da cultura acolle o domingo 10 de novembro a obra ‘Bernarda’ e o 1 de decembro ‘Bravas’ ||

 

O Concello do Pino lanza o programa Outono Teatral, unha nova iniciativa cultural que busca fomentar o interese e a participación da veciñanza no teatro. Destinada a un público a partir de 15 anos, esta proposta inclúe a chegada ao municipio de dúas destacadas representacións teatrais que terán lugar na casa da cultura.

O programa arranca o domingo 10 de novembro, ás 18:00 horas, coa obra Bernarda, da compañía Malasombra Producións. A obra aborda a historia de Bernarda, unha muller de carácter duro, moldeada pola dureza dunha infancia de posguerra. A trama desenvolve un conflito interxeracional entre Bernarda e as súas fillas, reflectindo as tensións de valores entre o pasado e unha nova sociedade en cambio. Esta produción foi seleccionada como candidata a Mellor Espectáculo nos Premios Max 2021 e recibiu os Premios María Casares en 2020 ao de Mellor espectáculo, Mellor dirección, Mellor texto orixinal e Mellor actriz secundaria a Celia González.

A segunda función do ciclo será o 1 de decembro, tamén ás 18:00 horas, coa obra Bravas, interpretada por Isabel Risco. Galardoada co III Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña, a peza ofrece unha reflexión sobre a historia das mulleres galegas ao longo dos séculos, destacando a súa loita, valor e resistencia. Isabel Risco utiliza o teatro cómico e comprometido para explorar as vidas das nosas antepasadas, e tamén das mulleres do presente e do futuro, cunha visión humorística e reivindicativa.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Con esta programación, o Concello do Pino quere contribuír a que o teatro sexa unha actividade cultural de referencia no municipio, promovendo o coñecemento e a paixón polas artes escénicas entre a veciñanza. Outono Teatral enmárcase dentro da aposta do Concello por unha oferta cultural variada e accesible para as persoas de todas as idades.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Alcaldes e alcaldesa animan a taxistas do Pino e de Boqueixón a negociar cos de Santiago para poder traballar no aeroporto
O Concello promove a obra e a figura de Luis Seoane entre o alumnado do CPI co proxecto ‘Encontros con Seoane, o artista do Pino’ »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego