Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino concede axudas a estudantes universitarios e de ciclos formativos de grao superior para o curso 2025/2026

Axudas e subvencións· Novas

26/08/2025
26 Ago

As achegas, de 300 euros, destínanse a financiar gastos de material, residencia ou matrícula ||

O prazo pecharase o 15 de outubro de 2025 ||

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe 26 de agosto de 2025 as bases reguladoras das axudas do Concello do Pino dirixidas a estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2025/2026.

As axudas teñen como finalidade financiar gastos correntes de material, residencia e matrícula. O importe global non poderá superar os 3.000 euros, con cargo á partida orzamentaria 326.48100 do Orzamento Municipal para o exercicio 2025.

Segundo establecen as bases, poderán ser beneficiarios/as os estudantes empadroados/as e con residencia efectiva no Concello do Pino cunha antigüidade mínima dun ano, matriculados/as en estudos universitarios de grao ou máster (non doutoramento) ou ciclos formativos de grao superior no curso 2025/2026, sempre que cumpran os requisitos de renda e demais condicións recollidas na convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes comeza ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOP e estará aberto ata o 15 de outubro de 2025. A documentación deberá rexistrarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Concederanse dez bolsas de 300 euros ás persoas solicitantes que, reunindo os requisitos, acrediten as rendas familiares máis baixas, ata esgotar o límite de crédito dispoñible.

As bases completas, así como os anexos de solicitude poden consultarse premendo neste enlace.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Axudas para estudantes universitarios/as e de ciclos formativos de grao superior
O Concello do Pino inaugura este venres o mural gañador do I Concurso de Murais, obra do artista madrileño Miguel Nieto »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego