Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino anima a veciñanza a participa no I Concurso de Decoración do Nadal

Novas

20/11/2024
20 Nov

O obxectivo desta iniciativa é fomentar a creatividade e participación, colaborar na creación dun ambiente decorativo especial e acolledor para as festas, e contribuír ao aforro económico ao redor de materiais reciclábeis ||

Establécense dúas categorías, familiar e colectiva ||

As persoas interesadas poderán inscribirse entre o 2 e o 20 de decembro ||

O Concello do Pino pon en marcha o I Concurso de Decoración do Nadal, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade e participación activa da veciñanza, colaborar na creación dun ambiente decorativo especial e acolledor para as festas, e contribuír ao aforro económico ao redor de materiais reciclábeis.

Este certame está dirixido tanto a particulares como a colectivos, ofrecendo dúas categorías de participación:

  • Familiar: destinada a decoracións realizadas en balcóns, ventás, portas, fachadas ou xardíns exteriores de vivendas particulares.
  • Colectiva: para comercios, asociacións, barrios ou comunidades que elaboren montaxes decorativas en espazos públicos como rúas, prazas ou áreas de lecer.

As decoracións deberán estar relacionadas coa festividade do Nadal e os motivos tradicionais, destacando a orixinalidade, o uso de materiais reciclables e a capacidade de transmitir valores locais.

As persoas interesadas poderán inscribirse entre o 2 e o 20 de decembro de 2024, xa que ampliamos o prazo inicialmente fixado. Poderán facelo presencialmente no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica (https://opino.sedelectronica.gal/info.0). Para formalizar a participación será necesario presentar a ficha de inscrición xunto a tres fotografías do proxecto decorativo.

As montaxes deberán permanecer expostas entre o 21 de decembro de 2024 e o 8 de xaneiro de 2025. Ademais, no caso de proxectos colectivos, deberá permitirse o acceso gratuíto da poboación aos espazos decorados.

O xurado estará composto por persoas do ámbito cultural, técnico e artístico do Concello, que valorarán o deseño, a orixinalidade, a iluminación, o uso de materiais reciclables e o contido educativo das decoracións.

Os premios, que se entregarán durante a Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro de 2025 no pavillón municipal de Reboredo, serán os seguintes:

  • Categoría Familiar: 1º premio 300 €, 2º premio 200 €, 3º premio 100 €.
  • Categoría Colectiva: 1º premio 300 €, 2º premio 200 €, 3º premio 100 €.

As bases completas do concurso, o formulario de inscrición e o formulario para que os gañadores adxunten os seus datos fiscais están dispoñibles nos documentos adxuntos.

Para máis información ou consultas, as persoas interesadas poden dirixirse ao correo correo@opino.gal.

O Concello do Pino anima a toda a veciñanza e colectivos locais a participar neste certame, contribuíndo a crear un ambiente de Nadal que reflicta a identidade e o espírito da comunidade.

Icon

Publicación das bases no BOP

1 file(s) 144.21 KB
Download
Icon

Anexo 1: Ficha de inscrición

1 file(s) 186.97 KB
Download
Icon

Anexo 2: Datos fiscais

1 file(s) 167.78 KB
Download
Icon

Decreto de ampliación do prazo

1 file(s) 752.89 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino remata cunha foto de familia diante da Catedral a última etapa do Camiño Miñoto Ribeiro
A maxia, a diversión e a solidariedade protagonizan o Nadal no Concello do Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés