O obxectivo é facilitar o acceso ás ferramentas tecnolóxicas básicas e reducir a fenda dixital ||
A formación desenvolverase os días 19, 21, 23, 26 e 28 de maio, en horario de 16.30 a 18.30 horas ||
O Concello do Pino pon en marcha un ciclo de obradoiros gratuítos de Capacitación Dixital co obxectivo de facilitar o acceso ás ferramentas tecnolóxicas básicas e reducir a fenda dixital. A formación desenvolverase os días 19, 21, 23, 26 e 28 de maio, en horario de 16.30 a 18.30 horas, no antigo centro de saúde situado na Avenida de Lugo.
Esta iniciativa inclúe cinco talleres prácticos nos que se abordarán cuestións clave para o día a día da cidadanía, como a realización de trámites cos centros de saúde e outras administracións; o uso de ferramentas ofimáticas básicas; o manexo de móbil e a tablet; a xestión do correo electrónico e a obtención e uso do certificado dixital.
Trátase dunha proposta inclusiva, sen límite de idade, pensada para mellorar a autonomía dixital das persoas participantes e favorecer a súa integración nos novos contornos tecnolóxicos.
As persoas interesadas poden inscribirse a través dos Servizos Sociais municipais, ou ben contactar directamente mediante no teléfono 604 011 269 ou no correo electrónico tic@empleoenred.org.
Desde o Concello do Pino animamos á veciñanza a participar activamente nesta formación, que contribuirá a mellorar a calidade de vida e a confianza no uso das novas tecnoloxías.