Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino acolle o acto de cesión de desfibriladores ás Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino da Garda Civil

Novas

19/03/2025
19 Mar

O alcalde Manuel Taboada participou na entrega xunto ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo ||

O Concello do Pino acolleu este martes 18 de marzo o acto de cesión por parte da Xunta de desfibriladores semiautomáticos (DESA) para as Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino da Garda Civil de Galicia. O alcalde Manuel Taboada exerceu de anfitrión nesta cita que contou coa presenza do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e do xeneral da Garda Civil da zona de Galicia, Miguel Ángel González Arias. Esta iniciativa supón un reforzo clave na capacidade de resposta ante emerxencias sanitarias no trazado xacobeo e reafirma o compromiso do goberno local coa seguridade dos milleiros de peregrinos que transitan polo municipio ao longo do Camiño de Santiago.

Esta dotación contribúe a incrementar a seguridade dos camiñantes que percorren a nosa contorna, especialmente nos puntos con maior afluencia de peregrinos. A presenza de desfibriladores facilita unha atención rápida e eficaz ante posibles paradas cardiorrespiratorias, mellorando a resposta sanitaria en situacións críticas.

En total entregáronse cinco desfibriladores semiautomáticos, un por cada unha das Oficinas Móviles de Atención ao Peregrino da Garda Civil que existen nas catro provincias galegas e outra de reforzo.

O conselleiro Diego Calvo destacou que esta iniciativa se enmarca no compromiso da Xunta de Galicia coa seguridade nos itinerarios xacobeos, onde se activan medidas como a vixilancia da Garda Civil, a Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) e o Plan de Protección Civil de Atención ao Peregrino, operativo en Anos Santos. Ademais, subliñou que Galicia segue consolidándose como un destino seguro para os camiñantes, tal e como reflicten as cifras récord de peregrinos acadadas en 2024, con case medio millón de Compostelas entregadas.

O Pino, como último municipio antes de chegar a Santiago de Compostela, é unha referencia clave no Camiño Francés e conta cunha infraestrutura preparada para atender as necesidades dos peregrinos.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Xunta financiou melloras na biblioteca municipal do Pino con máis de 20.000 euros
O Pino e Boqueixón arranxarán a estrada de Loureda ata o aeroporto con axuda da Xunta »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego