Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino abre unha enquisa para definir as actividades deportivas do curso 2026-2027

Novas

08/04/2026
8 Abr

A iniciativa pretende ampliar e mellorar a oferta deportiva municipal contando coa opinión da veciñanza || A enquisa inclúe propostas para todas as idades e permite achegar novas ideas

Enquisa actividades deportivas O Pino 2026-2027O Concello do Pino pon en marcha unha nova enquisa co obxectivo de coñecer as preferencias da veciñanza en relación ás actividades deportivas de cara ao curso 2026-2027. Esta iniciativa busca seguir mellorando e ampliando a oferta municipal, adaptándoa aos intereses reais da poboación.

A través desta consulta, o Concello pretende recoller información directa sobre os hábitos deportivos actuais, así como sobre as actividades que máis interesan a nenos e nenas, adolescentes, persoas adultas e familias. Deste xeito, poderase deseñar un programa máis diverso e axeitado ás diferentes idades e necesidades.

A enquisa inclúe diferentes bloques nos que se poden seleccionar actividades deportivas como bádminton, fútbol sala, natación, patinaxe, voleibol, ximnasia rítmica, zumba ou xogos predeportivos para a poboación máis nova. No caso das persoas adultas, recóllense opcións como pilates, ioga, cross training, circuítos funcionais, baile ou sendeirismo guiado, entre outras. Ademais, tamén se contempla un apartado específico de actividades familiares, como roteiros en bicicleta, xogos cooperativos ou sesións de ioga en familia.

Un dos aspectos destacados da enquisa é a posibilidade de achegar suxestións propias, co fin de incorporar novas propostas que respondan aos intereses da veciñanza e contribuír a mellorar tamén outros servizos relacionados co deporte, como o ximnasio municipal.

O Concello do Pino anima a toda a cidadanía a participar nesta enquisa, xa que a súa colaboración será clave para construír unha programación deportiva máis participativa e adaptada á realidade do municipio. A enquisa estará activa ata o luns 20 de abril.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O programa Vai de Auga regresa ao Pino cunha nova edición de benestar nas Termas de Cuntis
O Concello do Pino organiza un obradoiro gratuíto de Chikung e Taichi aberto á veciñanza »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés