Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino abre o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2026

Novas

15/05/2026
15 Mai

O programa está pensado para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións||

A iniciativa desenvolverase entre o 22 de xuño e o 8 de setembro nas instalacións do Pavillón Municipal e do CPI Camiño de Santiago, en Arca ||

O Concello do Pino abre o prazo de inscrición da actividade Escola de Verán 2026, unha iniciativa impulsada pola Concellería de Muller e Benestar Social co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o período estival.

O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase desde o 22 de xuño ata o 8 de setembro, coincidindo co calendario escolar do curso 2026/2027. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, na localidade de Arca (O Pedrouzo).

A Escola de Verán estrutúrase en diferentes quendas, de luns a venres, en horario de 8.00 a 15.00 horas. As quendas serán as seguintes:

  • Xuño: do 22 ao 30
  • Primeira quenda: do 1 ao 15 de xullo
  • Segunda quenda: do 16 ao 31 de xullo
  • Terceira quenda: do 1 ao 15 de agosto
  • Cuarta quenda: do 16 ao 31 de agosto
  • Setembro: do 1 ao 8

O programa ofertará un total de 105 prazas no mes de xullo, 86 no mes de agosto e 70 nas quendas de xuño e setembro. Para que a actividade se leve a cabo será necesario contar cun mínimo de dez solicitudes.

No caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñibles, estableceranse criterios de prioridade, entre os que se atopan o empadroamento no Concello do Pino, a situación laboral activa ou de busca de emprego dos proxenitores, a escolarización en centros educativos do municipio e a renda per cápita familiar. Tamén se dará prioridade a colectivos como familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade ou familias en situación de vulnerabilidade social.

Inscricións e pago ata o 17 de xuño

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 17 de xuño de 2026. A documentación poderá recollerse nas dependencias municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas ou descargarse directamente desde a web municipal do Concello do Pino.

Os prezos establecidos serán de 30 euros por quincena e 60 euros o mes completo nas quendas de xullo e agosto. No caso das quendas de xuño e setembro, o custe será de 15 euros. Ademais, as familias numerosas contarán cun desconto do 20 % a partir do segundo fillo inscrito.

O pagamento deberá realizarse antes do 17 de xuño na conta habilitada polo Concello (ABANCA) ES70 2080 0337 1131 1000 0078) e o xustificante deberá entregarse xunto coa solicitude, preferentemente a través da sede electrónica municipal.

A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello do Pino. As solicitudes que non obteñan praza pasarán automaticamente a formar parte dunha lista de agarda.

O Concello do Pino continúa apostando por iniciativas que faciliten a conciliación das familias e ofrezan aos nenos e nenas do municipio un verán activo, educativo e cheo de experiencias compartidas.

O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.

Consulta as bases e os formularios de inscrición premendo neste enlace.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Escola de verán 2026: Formulario de inscrición e bases
O Concello do Pino asina un convenio con Inserta Emprego para fomentar o emprego das persoas con discapacidade »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés