Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello do Pino abre o 20 de xuño a tempada da Piscina Municipal de Lameiro

Novas

15/06/2026
15 Xuñ
  • Os abonos xa poden adquirirse a través da aplicación municipal

  • A programación de verán incorpora sesións gratuítas de aquagym todos os venres

O Concello do Pino abre este sábado, 20 de xuño, a Piscina Municipal de Lameiro, que permanecerá en funcionamento durante toda a tempada estival en horario de 12.00 a 20.00 horas, de luns a domingo.

As persoas usuarias xa poden adquirir os seus abonos e entradas a través da aplicación municipal e da plataforma de reservas online habilitada para a xestión do acceso ás instalacións. Unha vez rexistradas, poderán mercar os bonos ou entradas correspondentes e reservar a franxa horaria na que desexen acceder á piscina.

O acceso ás instalacións continuará realizándose mediante o sistema electrónico de control habilitado na entrada principal. Ademais, existe unha porta auxiliar destinada exclusivamente a persoas con mobilidade reducida e acompañantes con carros de bebé.

As persoas abonadas poderán acceder dúas veces ao día, unha en horario de mañá, entre as 12.00 e as 15.00 horas, e outra en horario de tarde, entre as 16.00 e as 20.00 horas. Pola súa banda, as persoas que adquiran unha entrada puntual poderán realizar un único acceso por cada entrada.

Tarifas adaptadas para residentes e familias

A entrada diaria terá un custo de 3,60 euros. Os bonos individuais para persoas empadroadas no Concello do Pino serán de 12 euros para adultos e 6 euros para menores de 16 anos. No caso das persoas non residentes, os importes serán de 24,04 euros e 12,02 euros, respectivamente.

Haberá tamén bonos familiares para as persoas empadroadas no municipio, co obxectivo de facilitar o acceso das familias ás instalacións durante os meses de verán. Ademais, as persoas que residan temporalmente no Concello durante o período vacacional poderán beneficiarse das mesmas tarifas que os residentes, previa comprobación dos servizos técnicos municipais.

A programación de verán inclúe tamén cursos de natación para nenos, nenas e persoas adultas. As sesións desenvolveranse de luns a xoves en horario de 12.30 a 13.15 horas e os grupos organizaranse en función da idade e do nivel das persoas participantes.

Para participar nestes cursos será necesario dispoñer previamente dun abono da piscina.

Aquagym, nova proposta para este verán

Como novidade desta tempada, a Piscina Municipal de Lameiro incorporará sesións gratuítas de aquagym todos os venres, desde o 26 de xuño ata o último venres de agosto, en horario de 18.00 a 19.00 horas.

As persoas interesadas deberán comunicar a súa participación ao monitor entre 15 e 20 minutos antes do comezo da actividade. Cada sesión contará cun máximo de 20 participantes.

Por outra banda, as persoas titulares do Carné Xove poderán beneficiarse todos os xoves dun desconto do 25 % na entrada puntual ou diaria a piscina, previa acreditacion ou verificacion na área de deportes do Concello do Pino.

Como adquirir os abonos e entradas

Os bonos e entradas individuais da Piscina Municipal de Lameiro poderanse adquirir exclusivamente de forma online a través dos seguintes enlaces:

Aplicación para iPhone (iOS) premendo neste enlace.

Aplicación para Android premendo neste enlace.

Acceso directo á plataforma web de reservas premendo neste enlace.

Unha vez descargada a aplicación, cada persoa usuaria deberá crear un perfil persoal. Tras completar o rexistro, poderá adquirir o abono ou a entrada individual na sección correspondente á Piscina Municipal de Lameiro e reservar unha hora concreta para acceder ás instalacións.

Para resolver calquera dúbida relacionada co proceso de rexistro, compra de abonos ou funcionamento da plataforma, as persoas interesadas poden contactar coa Área de Deportes do Concello do Pino no teléfono 981 511 002 (extensión 6), de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Desde o Concello do Pino animan á veciñanza a desfrutar dunha nova tempada de verán na Piscina Municipal de Lameiro, unha das principais instalacións deportivas e de lecer do municipio durante os meses estivais.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Praia
O CPI Camiño de Santiago loce un novo mural grazas á segunda edición de ‘Encontros con Seoane’ »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés