O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Concello do Pino abre a preinscrición para o campamento de conciliación de Semana Santa

O Concello do Pino abre a preinscrición para o campamento de conciliación de Semana Santa

Novas

23-03-2022
23 Mar
  • Desenvolverase no polideportivo de Arca nas mañás dos días 11, 12, 13 e 18 de abril //
  • Terá un custo de 10 euros por escolar, cun desconto do 20% para familias numerosas a partir do segundo menor //
  • O prazo para facer as solicitudes remata o xoves 7 de abril //

Lecer Semana Santa é o nome do programa de conciliación que o Concello do Pino porá en marcha durante as vacacións escolares. Os días 11, 12, 13 e 18 de abril, nenas e nenos de entre 3 e 12 anos poderán gozar dun amplo abano de actividades, que se desenvolverán polas mañás no pavillón municipal e nos exteriores do colexio Camiño de Santiago, en Arca. O horario que abarca o programa é de 8:30 horas a 14.30 horas, puidendo efectuarse a recollida das rapazas e rapaces a partir das 13.30 horas.

Para facer a preinscrición, as familias interesadas deberán cubrir o formulario correspondente e presentalo no Concello entre as 9.00 e as 14.00 horas. A solicitude pode descargarse nesta mesma páxina web ou recollerse nas dependencias municipais. O prazo para presentala remata o xoves 7 de abril. O campamento levarase a cabo sempre que se acade un número mínimo de participantes, sendo 50 o número máximo de prazas.

O custo de Lecer Semana Santa é de 10 euros polos catro días de actividades e as familias numerosas gozarán dun desconto do 20% a partir do segundo fillo. O pagamento efectuarase unha vez que as familias comproben que foron admitidas ao publicarse as listaxes.

As bases, o formulario de inscrición e a instancia que debe acompañar a solicitude poden consultarse nos arquivos adxuntos.

Icon

Bases do programa de conciliación Lecer Semana Santa

1 file(s) 1.40 MB
Download
Icon

Formulario de inscrición no programa de conciliación Lecer Semana Santa

1 file(s) 1.31 MB
Download
Icon

Instancia para a solicitude do programa de conciliación Lecer Semana Santa

1 file(s) 50.63 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino aposta polo fermosismo cunha achega de 24.000 euros da Xunta para mellorar as fachadas da casa consistorial
O Pino sumarase ao convenio Xunta-Fegamp para ter un centro de día e residencia de maiores »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego