O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Concello de O Pino organiza a Escola de Verán a partir do 1 de xullo

O Concello de O Pino organiza a Escola de Verán a partir do 1 de xullo

Novas

15-06-2020
15 Xuñ

O vindeiro 1 de xullo arrincarán as actividades da Escola de Verán 2020, un programa impulsado polo departamento de Servizos Sociais que pretende ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas de 3 a 12 anos e favorecer a conciliación familiar e laboral. O servizo desenvolverase nos meses de xullo, agosto e setembro no CPI Camiño de Santiago e noutras instalacións municipais próximas, como o polideportivo municipal ou o centro sociocultural; así como en lugares ao aire libre do concello do Pino. Os prazos de inscrición abrirán o venres 19 de xuño.

Este ano, por mor das circunstancias provocadas pola pandemia da Covid-19, a posta en marcha deste servizo e as súas condicións estarán condicionadas polas ordes establecidas polas autoridades competentes en cada momento. Para beneficiarse desta iniciativa, terán preferencia as familias empadroadas no Pino e tamén as que xustifiquen a necesidade de conciliar ou que formen parte de colectivos desfavorecidos.

A Escola de Verán desenvolverase de luns a venres en horario de mañá, de 8.30 a 14.30 horas. O Concello estableceu cinco quendas, que van do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 15 de agosto, do 17 ao 31 de agosto e, por último, do 1 de setembro ata o inicio do curso escolar. Para anotarse nas dúas primeiras quendas o prazo de inscrición vai do 19 ao 26 de xuño. Máis adiante, do 1 ao 20 de xullo, formalizaranse as inscricións para as quendas de agosto; mentres que os interesados en participar en setembro deberán anotarse entre o 3 e o 21 de agosto. As inscricións realizaranse no Concello de O Pino en horario de 10 a 14 h.

As bases da Escola de Verán 2020 poden consultarse no documento anexo. Para máis información, no teléfono 981 511 002 (Servizos Sociais) ou no enderezo electrónico cruz.toande@opino.gal.

Icon

Bases da Escola de Verán 2020

1 file(s) 101.66 KB
Download
Icon

Ficha de inscrición Escola de Verán 2020

1 file(s) 534.81 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino colocou dispensadores de xel na rúa e entregoulle outro a cada comercio aberto
O Goberno de O Pino quere axudar con 100.000 € aos autónomos obrigados a pechar pola covid-19 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego