O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Concello de O Pino atende a petición da ANPA e mercará máscaras para todo o alumnado do CPI

O Concello de O Pino atende a petición da ANPA e mercará máscaras para todo o alumnado do CPI

Novas

29-09-2020
29 Set

O Concello de O Pino está xa a falar con diferentes provedores para mercar máscaras reutilizables de protección contra a covid-19 para facilitarllas a todos o alumnado do CPI Camiño de Santiago de Arca que cursen educación Primaria e ESO. Para o alumnado de Infantil, o concello vai ver a posibilidades de facilitarlle pantallas protectores a cada neno e nena.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, comprometeuse a executar o antes posible a petición que lle formularon a presidenta e o vogal da ANPA do CPI Camiño de Santiago nunha reunión celebrada onte pola mañá. Ángeles Furelos e Severino Pérez, respectivamente, pedíronlle ao alcalde que analizase a posibilidade de facilitarlle máscaras protectores ao alumnado durante parte do presente curso escolar, que acaba de comezar.

Tamén a petición da ANPA, o Concello xa instalou mamparas protectoras no comedor escolar, para incrementar a seguridade do alumnado que utiliza este servizo.

Despois da petición formulada polos representantes das nais e pais do alumnado do colexio de Arca, o alcalde contactou xa con diferentes provedores, para valorar que tipo de máscaras reutilizables se poden mercar, que sexan efectivas contra a covid-19, para protexer ao alumnado durante  todo ou parte deste curso. Para o alumnado de Primaria e parte da ESO buscaranse máscaras infantís, e analizarase se o alumnado de máis idade pode utilizar tallas de adultos. En total son 284 os nenos e nenas que cursan Primaria e ESO no CPI Camiño de Santiago.

No caso dos 67 nenos e nenas de edudación Infantil estase valorando a conveniencia e a posibilidade de facilitarlles pantallas individuais de protección.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino oferta cursos de bolillos, costura e bordado ao aire a partir de outubro
O Pino abre a inscrición para as actividades deportivas de escolares e adultos, que terán grupos reducidos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés