Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Concello de O Pino abre o prazo de inscricións para o programa Vai de Auga

Novas

06/05/2024
6 Mai
  • As persoas beneficiarias poderán gozar de cinco sesións no circuíto lúdico termal Acquaform de Cuntis

  • As saídas faranse os días 15, 22, e 29 de maio e 5 e 12 de xuño ás 16.30 horas

  • O prezo é de 70 euros e inclúe o desprazamento gratuíto en autobús

O Concello do Pino promove un ano máis un dos programas máis demandados por parte da veciñanza: Vai de Auga. Esta iniciativa, que une as vantaxes terapéuticas das augas termais coa oportunidade de estreitar lazos e socializar, facilita o desprazamento semanal das persoas do municipio a un balneario.

Como en anteriores edicións, as persoas beneficiarias gozarán de ata cinco sesións no Acquaform Termas de Cuntis con saída dende a Praza do Concello todos os mércores entre o 15 e 29 de maio, así como 5 e 12 de xuño.

O prezo do programa é de 70 euros e inclúe tanto as sesións termais como o desprazamento de ida e volta gratuíto grazas ao financiamento do Concello do Pino. O autobús partirá ás 16.30 horas da Praza do Concello e regresará ao remate da sesión.

As persoas interesadas en recibir información sobre o programa Vai de auga poden chamar á Casa da Cultura ao número de teléfono 981 511 065. A reserva de prazas e a inscrición levarase a caso no rexistro do Concello.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigoroso orde de inscrición.

No caso de que se apunten menores deberán estar supervisados por unha persoa adulta.

Cabe recordar que na edición de 2023 uns corenta veciños e veciñas do municipio participaron neste programa. Entre os aspectos que máis agradecen os usuarios e usuarias de Vai de Auga están tanto as vantaxes terapéuticas para moitas das súas doenzas como a posibilidade de manter unha vida un pouco máis activa.

A ficha de inscrición e o número de conta bancaria para facer o ingreso figuran no documento adxunto.

Icon

VAI DE AUGA 2024: ficha de inscrición e conta bancaria

1 file(s) 202.29 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Juan Félix Neira presenta no Pino o libro ‘A Espiritada de Gonzar’ no que recolle documentación inédita
O alcalde e a conselleira visitan a depuradora de Arca, que estará rematada antes do verán »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego