Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Admitidas todas as solicitudes para participar no Lecer Semana Santa 2025

Novas

11/04/2025
11 Abr

As familias teñen ata o luns 14 de abril para facer o ingreso das taxas que lles correspondan ||

11/4/2025

Publícase a listaxe da cativada admitida no Lecer Semana Santa 2025, así como as cotas correspondentes a cada participante. O ingreso deberá facerse especificando o nome da persoa usuaria na conta bancaria ABANCA ES70 2080 0337 1131 1000 0078. O xustificante de pago deberá entregarse nas dependencias do Concello ou a través da sede electrónica co luns 14 de abril como data límite.

Podes consultar a listaxe e as taxas no documento que se achega:

Icon

Listaxe e taxas da cativada admitida no Lecer Semana Santa 2025

1 file(s) 787.85 KB
Download

 

13/3/2025

Abre o prazo de inscrición no Lecer Semana Santa 2025

O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril ||

O prazo remata o 10 de abril ||

As persoas interesadas poden cubrir a ficha dispoñible nas dependencias municipais ou na web www.opino.gal ||

A iniciativa busca axudar ás familias na compatibilidade da vida laboral e familiar durante o período de vacacións || 

 

O Concello do Pino, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, abre o prazo de inscrición da actividade Lecer Semana Santa 2025, unha iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de conciliación que busca axudar ás familias na compatibilidade da vida laboral e familiar durante o período de vacacións de Semana Santa.

O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril nas instalacións do Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en Arca (Pedrouzo). O horario da actividade será de 8:00 a 15:00 horas, permitindo a recollida dos nenos e nenas entre as 13:30 e as 15:00 horas.

O programa conta cun total de 50 prazas por quenda e estableceranse criterios de admisión en caso de que a demanda supere a oferta. Terán prioridade os menores empadroados no Concello de O Pino cunha antigüidade de mínimo tres meses, as familias monoparentais e os menores escolarizados en centros educativos do municipio, entre outros criterios.

O prezo da actividade será de 10 euros polos catro días de servizo, con descontos do 20% para familias numerosas a partir do segundo fillo e para familias monoparentais, sempre que se achegue a documentación acreditativa correspondente.

As inscricións poderán realizarse ata o 10 de abril mediante a ficha dispoñible nas dependencias municipais (en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou na web www.opino.gal. Unha vez publicada a listaxe de admitidos, as cotas deberán aboarse na conta bancaria indicada e presentar o xustificante de pagamento antes do 14 de abril. Unicamente se procederá á devolució

n do importe en caso de acreditación médica da imposibilidade de asistencia.

Esta iniciativa reforza o compromiso do Concello do Pino coa conciliación familiar e laboral, ofrecendo un servizo esencial para as familias durante as vacacións escolares.

Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade no marco do programa FSE

 

+ Galicia 2021-2027, cofinanciado pola Unión Europea, e polo Ministerio de Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables.

As bases co formulario e a instancia de inscrición poden consultarse, cubrirse ou descargarse premendo neste enlace.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino acollerá o 23 de abril unha charla informativa sobre a enfermidade de Parkinson
Vai de Auga 2025 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés